A Xunta colabora co concello de Trazo na humanización do núcleo de Merelle, que conta cun investimento de preto de 330.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A actuación desenvolverase neste núcleo da parroquia de Xavestre para poñer en valor as construcións existentes e a súa contorna, de gran valor paisaxístico
- Executarase a reurbanización das rúas interiores desta vila do municipio coruñés e dotarase á zona de novo mobiliario urbano, ademais de abordar a posta en valor do lavadoiro existente en Merelle
- A intervención, que ten un prazo de execución de tres meses, enmárcase no Plan Hurbe, co que a Xunta apoia ás administracións locais a financiar actuacións de humanizacións e mellora das contornas urbanas
- A Xunta asume a través do convenio asinado o 70 % do orzamento, máis de 230.000 euros, contratará e executará as obras, mentres que o Concello achega o 30 % restante
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025
A Xunta colabora na actuación de humanización do núcleo de Merelle, no concello de Trazo, que conta cun investimento total de 329.505 euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou hoxe coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, o convenio ao abeiro do Plan Hurbe co que se financiará conxuntamente esta intervención.
A actuación, que terá un prazo de execución de tres meses, centrarase neste núcleo da parroquia de Xavestre e busca poñer en valor as construcións existentes e a súa contorna, de gran valor paisaxístico. Así, levarase a cabo a reurbanización das rúas interiores desta vila do municipio coruñés e instalarase novo mobiliario urbano (bancos, papeleiras e xardineiras). Ademais, porase en valor do lavadoiro existente en Merelle, ao que se lle aplicará un lavado dos seus muros.
Ademais, substituiranse as varandas actuais por unhas novas de aceiro galvanizado e adaptarase a súa contorna.
Os traballos completaranse coa instalación de novos colectores de pluviais e de augas residuais e co soterramento dos servizos de electricidade, alumeado e telecomunicacións.
De acordo ao convenio asinado hoxe, a Xunta asumirá o 70 % do custe destas intervencións, achegando un investimento de 230.653 euros, contratará e executará as obras. O Concello de Trazo achegará o 30 % restante do custe estimado das actuacións, 98.851 euros.
A través do Plan Hurbe, a Xunta está a apoiar ás administracións locais para financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, actuacións de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e de equipamentos públicos que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.