A Xunta leva a Ribadavia a exposición de rúa 'Botamos un baile?' para pór en valor a historia das orquestras de verbena en Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O proxecto nace a raíz dunha mostra que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023 e que agora se adapta a un formato de rúa que está a viaxar polas vilas da comunidade
  • Anxo M. Lorenzo, sinala o interese de coñecer "as transformacións históricas e culturais das formacións musicais populares galegas dende principios do século XX ata a actualidade"
  • 'Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia' enmárcase nas itinerancias expositivas do Gaiás, que nutren outros lugares da Comunidade de produtos culturais
Imagen del artículo A Xunta leva a Ribadavia a exposición de rúa 'Botamos un baile?' para pór en valor a historia das orquestras de verbena en Galicia
Ribadavia (Ourense), 8 de xullo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que contempla a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade. O proxecto, que se enmarca dentro das itinerancias expositivas da Cidade da Cultura, pode visitarse na Alameda de Ribadavia ata o 29 de xullo.

No acto de apertura, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, sinalou o interese de coñecer "as transformacións históricas e culturais das formacións musicais populares galegas ao longo do tempo" destacando "o gran impacto económico, social e cultural destas agrupacións, que mobilizan cada ano a milleiros de persoas, así como as pegadas que deixan na música galega actual".

Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia nace dunha exposición que acolleu a Biblioteca de Galicia en 2023 e fai un repaso a un tema con fonda pegada na sociedade galega, pero pouco analizado academicamente. Neste senso, Anxo M. Lorenzo celebra "unha homenaxe visual e documental coa que a Xunta de Galicia que pon en valor a verbena como parte esencial da identidade galega contemporánea, unha viaxe emocional e sonora que reivindica estas festas como símbolo da nosa idiosincrasia, con pasado, presente e moito futuro".

Na inauguración estiveron presentes, ademais do director xeral de Cultura, o alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo. Botamos un baile? súmase ás itinerancias expositivas da Cidade da Cultura que, a partir de proxectos que se xestan no Gaiás, nutren de contido outros lugares da Comunidade. Así, Ribadavia convértese na segunda vila en acoller esta mostra, que pasou previamente por Ponteareas.

Un século de orquestras de verbena en Galicia

A mostra baseouse nun estudo da Universidade de Santiago titulado Do palco ao escenario, coordinado por Xaime Fandiño e do que son partícipes Zósimo López e Henrique Neira, comisarios desta exposición. Cun deseño de Fausto Isorna, conta a evolución da verbena galega ao longo dun século amosando imaxes de programas de festas, fotografías e, sobre todo, carteis de estilos moi diferentes. A través destas pezas pódese apreciar a adaptación a cada época dun xeito de lecer arraigado en Galicia, cun tecido económico propio do sector, en constante desenvolvemento e innovación.

As verbenas galegas adquiriron personalidade propia ao longo do século XX, vendo como as gaitas do país e as bandas de música incorporaron ritmos importados de América como o charleston, o fox-trot ou o jazz. A súa expansión consolidouse tras a Guerra Civil, coa recuperación das festas de barrios nos anos 40, e viviu un grande auxe nos 80 grazas á visibilidade da Radio e Televisión de Galicia.

Nos anos 90, o sector afrontou unha crise marcada pola competencia das discotecas e macroconcertos, que obrigou ás orquestras a reinventarse cun enfoque centrado no espectáculo. Entre 2012 e 2019, adaptáronse aos gustos da mocidade e renovaron os seus formatos. A pandemia de 2020 supuxo un novo reto, pero tamén deu paso a propostas musicais que reivindican a verbena como parte esencial da identidade cultural galega.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 08/07/2025
1086998 {"title":"A Xunta leva a Ribadavia a exposición de rúa 'Botamos un baile?' para pór en valor a historia das orquestras de verbena en Galicia","published_date":"2025-07-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/194713-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1086998"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-08/1086998-xunta-leva-ribadavia-exposicion-rua-botamos-baile-valor-historia-das-orquestras-verbena-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.