A Xunta licita por máis de 78.000 euros as obras de mellora das áreas de espera do servizo de hematoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Instalaranse novos paneis de madeira nas paredes, pintaranse os teitos e mellorase a iluminación das salas
- Esta actuación enmárcase na aposta pola humanización dos espazos que está a realizar a Consellería de Sanidade
- O obxectivo último é que os pacientes e os seus acompañantes conten coa maior comodidade posible durante a espera
- As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 4 de agosto para enviar as súas ofertas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2025
A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación, por 78.449,32 euros, das obras de mellorar das áreas de espera do servizo de hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Con esta actuación, o Executivo galego acondicionará as salas de espera deste servizo do hospital da capital galega.
Así, instalaranse novos paneis de madeira nas paredes, pintaranse os teitos e mellorarase a iluminación das salas.
O obxectivo é que durante os tempos de espera, os pacientes e os seus acompañantes conten coa maior comodidade posible.
A reforma, que se enmarca na aposta do Servizo Galego de Saúde pola humanización dos espazos, permitirá manter o número de prazas cos que contan as salas, respectando as súas dimensións de accesibilidade e ergonomía.
As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 4 de agosto para enviar as súas ofertas.