A Xunta acepta a proposta de data do Concello de Vigo para celebrar o día 16 de xullo a sesión da Comisión de Infraestruturas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acepta a data proposta para este encontro, aínda que lamenta que a orde do día proposta polo Concello non respalda a vontade de chegar a acordos, senón a de manter unha política de confrontación
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
A Xunta acepta a proposta da convocatoria da Comisión de Infraestruturas proposta polo Concello de Vigo para o día 16 deste mes de xullo para avanzar na planificación das actuacións dos túneles de Elduayen e Beiramar.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acepta esta proposta, cuxa comunicación oficial se recibiu hoxe ás 15 horas, despois de que o Concello xa a fixera pública aos medios de comunicación o pasado venres.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, modificará a súa axenda para poder acudir a esta cita tan importante para a cidade olívica, aínda que a Xunta lamenta que a orde do día proposta polo Concello non respalda a vontade de chegar a acordos, senón a seguir facendo unha política de confrontación, como demostra por exemplo o primeiro punto do día referente ao túnel de Elduayen, cuxo texto inclúe que está "paralizado na actualidade pola Xunta de Galicia".
Na convocatoria figuran outras cuestións como a A-52 e o tren de alta velocidade por Cerdedo, asuntos que son competencia do Goberno central e sobre os que xa se posicionou o Executivo Galego.
Esta Comisión de Infraestruturas foi constituída o pasado ano entre a Administración autonómica e o Concello de Vigo, tras a reunión entre o presidente da Xunta Alfonso Rueda e o alcalde Abel Caballero, celebrada en xuño do 2024.