A Xunta inicia a construción dun novo carril segregado na glorieta que une a VG4.1 coa PO-308 na Lanzada para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Goberno galego prevé para finais deste mes de xullo o remate dos traballos, que non producirán afeccións na circulación
  • Trátase da habilitación dun carril segregado na citada glorieta, para que os vehículos que veñen de Sanxenxo ata O Grove non teñan que atravesala e poder axilizar a circulación
  • Esta actuación é froito da realización de estudos que indican que o punto de conflito do tráfico sentido O Grove é esta rotonda, que pola súa dimensión está funcionar como unha intersección en T
  • A intervención que se está a acometer compatibiliza por un lado, a redución das retencións de tráfico, e por outro, o respecto a unha zona protexida da Rede Natura 2000
  • A Xunta, de xeito paralelo, está a estudar unha solución máis global que abarque máis estradas da contorna para acadar unha maior fluidez no tráfico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Sanxenxo (Pontevedra), 7 de xullo de 2025

A Xunta inicia a construción dun novo carril segregado na glorieta que une a VG4.1 coa estrada autonómica PO-308 na Lanzada, en Sanxenxo, para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitou hoxe esta actuación, cuxo remate se prevé para finais deste mesmo mes de xullo.

Allegue explicou que a Xunta, consciente das retencións de tráfico que se producen nesta zona, especialmente en verán e fins de semana, elaborou estudos que indican que o principal punto de conflito do tráfico sentido O Grove é a rotonda final da VG4.1 que a conecta coa PO-308, pois polas súas dimensións está a actuar como unha intersección en T.

Detallou que a partir destes datos se valorou executar unha actuación de rápida implantación que compatibiliza por un lado, o obxectivo da redución das retencións de tráfico, e por outro, o respecto a unha zona protexida da Rede Natura 2000.

Trátase da habilitación dun novo carril segregado na glorieta, para que os vehículos que veñen de Sanxenxo ata O Grove non teñan que atravesala e poder axilizar así a circulación.

Destacou que ao tratase dun carril segregado, os traballos que se están a levar a cabo para a súa execución non interferirán no tráfico nin provocarán afeccións importantes ao mesmo.

Salientou que o Goberno galego, ademais desta solución a curto prazo, está a analizar outra alternativa máis global, que abarque outras estradas autonómicas da contorna, co fin de acadar unha mobilidade máis fluída.

A Xunta segue dando pasos para ofrecer solucións eficaces e sostibles no ámbito das infraestruturas, traballando para reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas e mellorar as comunicacións.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/07/2025
1085904 {"title":"A Xunta inicia a construción dun novo carril segregado na glorieta que une a VG4.1 coa PO-308 na Lanzada para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona","published_date":"2025-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/194585-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1085904"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-07/1085904-xunta-inicia-construcion-dun-novo-carril-segregado-na-glorieta-une-vg4-1-coa-po-308-na-lanzada-axudar-desconxestionar-trafico-e-favorecer-mobilidade-na-zona https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.