Villaverde e Fegapemar abordan os principais asuntos de interese dos afeccionados á pesca recreativa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro con representantes da Federación Galega de Pesca Marítima Responsable y Náutica de Recreo (Fegapemar) para abordar os principais asuntos de interese do colectivo. Na reunión a responsable autonómica trasladou a máxima colaboración da Administración autonómica para artellar solucións que permitan atender as necesidades dos afeccionados e ordenar esta actividade na comunidade. No horizonte, está a aplicación do regulamento europeo sobre o control dixital da pesca.
A responsable autonómica, acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, subliñou a importancia de establecer un marco no que se poidan desenvolver a actividade profesional e recreativa dun xeito equilibrado co obxectivo de garantir a explotación sostible dos recursos mariños. Nesta liña, puxo en valor a importancia de que exista un diálogo fluído entre os principais axentes afectados coa finalidade de configurar medidas técnicas máis adecuadas e eficaces para regular a ambas actividades.