A Xunta aproba a nova Estratexia Galega de Enfermidades Raras cun investimento de 400 M€ que potenciará o acceso á rehabilitación e a novos tratamentos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Rueda salienta a aposta do Goberno autonómico por mellorar a calidade de vida dos máis de 5.200 pacientes que hai diagnosticados en Galicia con estas patoloxías
  • A nova estratexia estruturarase ao redor de cinco liñas de traballo e un eixe transversal que permitirá ponderar os resultados en saúde das accións propostas
  • Anuncia a posta en marcha dun servizo de rehabilitación a domicilio e a incorporación de tecnoloxía robótica nos hospitais para estas tarefas
  • Aspírase a reducir os tempos actuais no diagnóstico e no asesoramento xenético e tamén se prevé a ampliación do cribado neonatal, que xa é o máis completo de España, para detectar enfermidades antes de que produzan síntomas
  • Deseñaranse protocolos de seguimento específicos por medicamento e patoloxía para seren cubertos polos propios pacientes e avaliar a súa experiencia
  • As unidades funcionais multidisciplinares de enfermidades raras do Servizo Galego de Saúde, que xa realizaron máis de 5.600 consultas, seguirán sendo axentes principais na normalización da asistencia sanitaria
Imagen del artículo A Xunta aproba a nova Estratexia Galega de Enfermidades Raras cun investimento de 400 M€ que potenciará o acceso á rehabilitación e a novos tratamentos
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal.

Unha Estratexia que, segundo resaltou Rueda, enmárcase na aposta do Goberno autonómico por "tratar desde a sanidade pública as chamadas enfermidades raras" e mellorar a calidade de vida dos "máis de 5.200 pacientes diagnosticados" que hai na comunidade con algunha destas patoloxías. Nesta liña, lembrou a creación nos últimos anos de unidades específicas para enfermidades raras "na Coruña, Santiago e Vigo" -que xa rexistraron 5.600 consultas- ou que Galicia conta co cribado neonatal "máis completo de España".

Tal e como aprobou hoxe o Consello, o Executivo galego realizará un investimento que superará os 396 millóns de euros para desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos.

A estratexia prevé o gasto de 384 millóns de euros para financiar as terapias farmacolóxicas que reciben os pacientes diagnosticados con enfermidades raras, así como 4,8 millóns para o programa de cribados neonatais; e unha partida específica de 7,8 millóns de euros para artellar novas liñas de traballo durante o período 2025-2030.

Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Un eixo transversal e cinco liñas de traballo

O departamento sanitario da Xunta de Galicia deseñou unha nova folla de ruta que se estruturará ao redor de cinco liñas estratéxicas de traballo e un eixe transversal que permitirá ponderar a efectividade das accións recollidas na nova estratexia.

Así, o conxunto de accións que incorpora a Estratexia galega de enfermidades raras 2025-2030 compartirán un triplo obxectivo: a execución de accións que permitan avaliar os resultados en saúde; potenciar as inscricións no Rexistro Galego de Pacientes con Enfermidades Raras (Rerga), que pechou o ano 2024 con 5.217 casos, e o fomento de actividades informativas para os profesionais e pacientes do Servizo Galego de Saúde.

No que atinxe ás liñas de traballo, o presidente destacou que a primeira delas incidirá no fomento da rehabilitación, unha "prioridade" e parte fundamental da asistencia sanitaria destes pacientes. Este labor realizarase a través de equipos multidisciplinares constituídos por médicos rehabilitadores, fisioterapeuras, logopedistas, terapeutas ocupacionais, psicólogos ou traballadores sociais. Así, tal e como anunciou Rueda, darase un paso adiante importante na accesibilidade, coa posta en marcha "dun servizo de rehabilitación a domicilio" para determinados pacientes con características clínicas e sociais específicas.

Ademais, "incorporarase a tecnoloxía robótica" aos servizos de rehabilitación hospitalarios das sete áreas sanitarias.

En segundo lugar, e co obxectivo de mellorar a atención a estes pacientes, a Consellería de Sanidade márcase como obxectivo reducir o tempo de espera das probas e os estudos xenéticos de diagnóstico de enfermidades raras. Neste senso, crearase un sistema coordinado que permita compartir coñecementos, recursos e protocolos, ao optimizar o acceso aos estudos xenéticos e garantir unha maior equidade na atención. Para iso levarase a cabo unha coordinación funcional entre as unidades multidisciplinares e os expertos en xenética para mellorar a prestación de consello xenético.

Co mesmo fin de mellorar a atención, crearase unha plataforma tecnolóxica para facilitar a incorporación de Galicia á rede de nodos do Sistema Nacional de Saúde que permitirá que todos os pacientes pediátricos con enfermidades raras teñan as mesmas oportunidades de atención e tratamento, vivan na comunidade en que vivan. O Consello da Xunta abordou hoxe a licitación do servizo para o desenvolvemento desta plataforma.

Outros dos eixes principais deste plan terán como obxecto ampliar a carteira de servizos do Programa galego de detección precoz de enfermidades conxénitas na proba do talón. Na actualidade, o cribado neonatal que realiza a sanidade pública galega permite detectar un total 37 enfermidades primarias ao nacer, unha cifra que sitúa Galicia como a Comunidade co cribado máis completo de toda España. O titular do Goberno galego sinalou que na nova estratexia estudarase "incluír 12 enfermidades máis", sobre a base da evidencia científica dispoñible, explicou o presidente.

Cómpre destacar que entre os anos 2000 e 2024 foron cribados 476.531 bebés e diagnosticáronse 705 enfermidades. Entre elas, o sistema sanitario público galego incluíu, de forma pioneira, a detección da atrofia muscular espiñal (AME), que rexistrou dous casos en 2023 e outros dous máis o ano pasado. Así, e grazas a esta detección temperá, os bebés puideron comezar os seus tratamentos para mellorar o prognóstico.

En cuarto lugar, a nova Estratexia galega de enfermidades raras tamén inclúe homoxeneizar e facilitar o acceso ás terapias e aos tratamentos, xa sexan medicamentos orfos (especificamente desenvoltos para previr, diagnosticar ou tratar enfermidades raras) ou convencionais (terapias avanzadas, fármacos en investigación ou produtos sanitarios). Nesta liña, deseñaranse protocolos de seguimento específicos por medicamento e patoloxía para seren cubertos polos propios pacientes e avaliar a súa experiencia, medindo aspectos relacionados coa calidade de vida, a funcionalidade e os síntomas asociados a unha patoloxía.

A quinta liña que recolle a estratexia ten como obxectivo mellorar a precisión dos informes médicos co fin de facilitar valoracións máis axustadas de recoñecemento do grao de discapacidade, dependencia ou incapacidade laboral permanente. Para iso, consensuarase unha guía específica para a redacción de informes médicos en enfermidades raras, incluídos os criterios clínicos relevantes e as orientacións sobre o impacto funcional.

No marco da nova estratexia, seguirase a potenciar a coordinación entre os distintos niveis asistenciais e potenciarase a figura do xestor de casos para que sexa o profesional de referencia de cada paciente.

Para definir a nova Estratexia galega en enfermidades raras 2025-2030, a Consellería de Sanidade abordouna con entidades como a Federación Española de Enfermidades Raras e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec).

Con esta nova estratexia, a Xunta de Galicia mellorará a resposta asistencial ante unha enfermidade rara, o que supón un grande impacto, tanto para o paciente como para a súa familia, tanto no plano físico como no emocional, social e económico.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/07/2025
1085627 {"title":"A Xunta aproba a nova Estratexia Galega de Enfermidades Raras cun investimento de 400 M€ que potenciará o acceso á rehabilitación e a novos tratamentos","published_date":"2025-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1085627"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-07/1085627-xunta-aproba-nova-estratexia-galega-enfermidades-raras-cun-investimento-400-m-potenciara-acceso-rehabilitacion-e-novos-tratamentos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.