Belén do Campo visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta destacou a importancia da actuación levada a cabo para recuperar a área protexida e mellorar o hábitat característico das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea, consideradas prioritarias a nivel comunitario
  • O traballo consistiu na retirada de troncos de árbores que non son autóctonas desta zona, especialmente piñeiros, así como na tala, o esgazamento e a retirada de madeira e na realización de tarefas específicas, como o arrincado manual e a limpeza de novos exemplares

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ribeira (A Coruña), 7 de Xullo de 2025

Belén do Campo, acompañada pola Directora Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, e o Xefe de Servicio de Parques Naturais, Antonio Rodríguez, visitou hoxe o Complexo Dunar de Corrubedo e Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixán para ver in situ os resultados dos traballos realizados para frear o avance do piñeiral e outras especies co fin de protexer a integridade da duna, accións que se están a levar a cabo por primeira vez en Galicia.

A delegada explicou que as masas arbóreas estaban a ocupar espazos que, orixinariamente, formaban parte dos areais e do propio sistema dunar, alterando así o hábitat propio das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea —considerado de interese comunitario prioritario— ao impedir a mobilidade da area.

O Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, toma unha grande importancia na preservación do medio ambiente, sendo esta unha das principais zonas dunares de Galicia. Este espazo natural presenta un importante área litoral que inclúe a maior duna móbil de Galicia, así como outros hábitats dunares e costeiros, e unha zona de lagoas e marismas (lagoa de Carregal e Vixán). Dado o seu interese para a conservación este enclave inclúese dentro da Zona «Área de Protección» tal e como se reflicte no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.

O complexo dunar de Corrubedo está clasificado como área de protección especial (ZEPA), área de especial conservación (ZEC), e Lugar de importancia comunitaria (LIC ES1110006). Todo o hábitat de protección presenta unha superficie total de 996,25 ha.

Nesta liña, e co fin de frear o avance do piñeiro, e así protexer a integridade das dunas, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático deseñou un plan de eliminación das masas e o rexenerado xove que estaba a ocupar espazos que orixinariamente formaban parte dos areais e sistemas dunares de Corrubedo.

Para acadar este obxectivo, a Delegada expuxo que os traballos consistiron na eliminación dos pés destas especies: apeo, derramado, tronzado, amoreado das toradas, e retirada da madeira ata cargadeiro. O proxecto incluíu os custos das operacións de apeo, extracción e amoreamento da totalidade da madeira a pé de cargadeiro para a súa venda directa pola comunidade de montes.

A superficie de actuación foi de 176,57 ha, nas que se traballou con diferentes intensidades: área de actuación intensiva (cando se actuou sobre rodais densos de árbores e matogueira) e área de actuación puntual (relativo a aquelas intervencións sobre pés e plantóns dispersos de árbores e matogueira)

O período de execución dos traballos foi de vinte (20) meses e comprendeu as datas do 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de agosto de 2023.

Belén do Campo destacou que o proxecto supuxo un investimento de medio millón de euros e contou con financiamento europeo a través do NextGenerationEU para iniciativas que incidan na conservación de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade.

Así mesmo, tamén agradeceu o apoio e implicación da comunidade de montes da zona, xa que parte da superficie a intervir son terreos da Comunidade de Montes en Man Común de Olveira-Ribeira, e precisábase da autorización dos comuneiros e a posta a disposición dos terreos da comunidade para a execución do proxecto.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 07/07/2025
1085624 {"title":"Belén do Campo visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán","published_date":"2025-07-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/194399-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1085624"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-07/1085624-belen-do-campo-visitou-hoxe-as-actuacions-levadas-cabo-parque-natural-complexo-dunar-corrubedo-e-lagoas-carregal-e-vixan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.