Mar e ARVI renovan a súa alianza para o desenvolvemento do VI Festival Vigo Seafest
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira e o presidente da Cooperativa de Armadores asinaron o convenio que permite a celebración deste evento, considerado unha cita referente en España dentro da gastronomía marítimo-pesqueira
- A esta actuación, o Goberno galego destina 118.580 euros, co-financiados polo FEMPA
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 5 de xullo de 2025
A Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) renovan a súa alianza para a realización de accións de promoción e mellora de comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros, como o VI Festival Vigo Seafest.
A responsable autonómica, Marta Villaverde, e o presidente desta entidade, Javier Touza, asinaron o convenio de colaboración que permite o desenvolvemento desta iniciativa, que conta cun investimento da Xunta de Galicia de 118.580 euros, a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Celebrarase desde o 10 ao 13 de xullo e contribúe a consolidar a cidade olívica como a capital europea de pesca.
A cociña con produtos das rías autonómicas, a cultura gastronómica, a industria pesqueira, a música, os deportes náuticos e de praia, os talleres e experiencias como os bautismos de mar protagonizan a edición deste ano, que ocupa máis de 23.000 metros cadrados na zona dos Xardíns de Elduayen e do Náutico vigués.
Ao longo dos tres días, participarán unha decena de chefs locais, que ofrecerán aos asistentes as distintas versións nas que se poden servir os produtos da costa galega, recoñecidos pola súa calidade e por ser capturados de xeito sostible, respectando os ecosistemas mariños. Tal é así que esta cita xa é un referente en España dentro da gastronomía marítima.