Marta Villaverde pon en valor a oportunidade que supón o Premio Deseño Anfaco para talentos mozos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 04 de xullo de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, salientou hoxe que o VII Premio de Deseño Anfaco contribúe a mostrar ao mundo o sector conserveiro de xeito moderno, innovador e atractivo, e cun packaging que permite a progresión da comercialización así como achegar o seu fácil consumo e os seus aspectos nutritivos. Do mesmo xeito, recoñeceu a proxección que está adquirindo o certame, realizado en colaboración coa Fundación Banco Sabadell, cunha participación de 302 artistas de 18 nacionalidades diferentes. Este feito, pon de manifesto que esta é unha iniciativa de relevancia no ámbito do deseño gráfico destacando a achega do talento xuvenil ao noso sector conserveiro, que é sinónimo de Galicia Calidade.
Villaverde sinalou durante o acto de entrega deste recoñecemento a importancia de eventos como este para potenciar o consumo das conservas de produtos do mar e a entrada en novos mercados. Ademais a titular de Mar felicitou á gañadora do premio, Xiang Soto, por converterse co seu traballo en embaixadora das conservas de peixes e mariscos.