A Xunta anima aos concellos a adherirse ao convenio de xestión dos residuos eléctricos e electrónicos e beneficiarse do incremento das compensacións

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez explica que as entidades locais pasarán dos 96 €/t que recibían ata o de agora aos 130 €/t que recolle o novo acordo marco asinado cos Scraps
  • Insta aos concellos a sumarse xa a esta iniciativa porque se o fan antes do 30 de setembro, eses beneficios económicos terán carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2025
  • Incide en que este convenio fai posible seguir avanzando na identificación de necesidades, na mellora da organización, na resolución de problemas específicos, así como na formulación de alternativas ou respostas máis adecuadas nesta materia
Imagen del artículo A Xunta anima aos concellos a adherirse ao convenio de xestión dos residuos eléctricos e electrónicos e beneficiarse do incremento das compensacións
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia anima aos concellos e ás entidades locais a adherirse ao convenio para a xestión do residuos eléctricos e electrónicos (RAEE) para beneficiarse do incremento das compensacións, que tal e como explicou, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, pasarán dos 96 euros por tonelada que recibían ata o de agora aos 130 €/t que recolle o acordo marco asinado esta mañá entre a Administración autonómica e os Sistemas de Responsabilidade Ampliada dos Produtores (Scraps).

Segundo lembrou Ángeles Vázquez, os scraps son os responsables de xestionar este tipo de residuos e, no caso daqueles aparellos recollidos nas instalacións de administracións locais, "teñen que aportar unha compensación económica ás mesmas pola súa labor".

Polo tanto, este documento asinado fixa o marco de colaboración ao abeiro do cal se desenvolverán esas actividades de xestión de refugallos eléctricos e electrónicos e se estipularán as cantidades a percibir polos concellos.

Nese senso, logo de incidir en que o novo convenio, cuxa vixencia está prevista para o período 2025-2028 -coa posibilidade de prorrogalo-, supón un incremento dun 35% desas compensacións con respecto ao último acordo asinado, a conselleira instou aos concellos a sumarse xa a esta iniciativa porque se o fan antes do vindeiro 30 de setembro, eses beneficios económicos "terán carácter retroactivo" desde o 1 de xaneiro de 2025.

De feito, as entidades locais poden adherirse a este convenio a partir de hoxe mesmo a través da plataforma SIRGA. Será necesario que a solicitude de adhesión se presente firmada electronicamente pola persoa competente e acompañada da documentación acreditativa da súa aprobación polo órgano correspondente do concello.

Ademais, a conselleira explicou que unha das vantaxes de dispoñer dun convenio que especifica as obrigacións e a participación tanto de asinantes como de adheridos dispoñer dun instrumento ao través do cal é posible seguir avanzando na identificación de necesidades, a mellora da organización, a resolución de problemas específicos, así como a formulación de alternativas ou respostas máis adecuadas nesta materia.

Este convenio marco foi subscrito pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e dez dos once scraps que existen na actualidade. En concreto, asinaron o acordo a fundación ECOTIC, a fundación ECOLEC, ECOASIMELEC, EUROPEAN RECYCLING PLATFORM RAEE, SL., a fundación ECO-RAEE'S, a fundación ECOLUM, ECOECHE, ECOFIMÁTICA, a asociación AMBILAMP e SUNREUSE ASSOCIATION.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/07/2025
1082843 {"title":"A Xunta anima aos concellos a adherirse ao convenio de xestión dos residuos eléctricos e electrónicos e beneficiarse do incremento das compensacións","published_date":"2025-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1082843"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-04/1082843-xunta-anima-aos-concellos-adherirse-ao-convenio-xestion-dos-residuos-electricos-e-electronicos-e-beneficiarse-do-incremento-das-compensacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.