A Xunta colabora co concello de Cerdedo-Cotobade na humanización da contorna da igrexa de Santa María de Sacos e na promoción de vivenda pública

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O primeiro convenio ten como obxectivo o acondicionamento da contorna da igrexa, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, e suporá un investimento total de 375.000€, do que o Goberno galego financia o 70% e o Concello o 30% restante
  • As obras incluirán o aumento do espazo peonil, a renovación do pavimento, a dotación de mobiliario ou a mellora da iluminación
  • O segundo acordo asinado permitirá conceder ao Concello un préstamo de case 90.000€, procedente do Fondo de Cooperación, para a adquisición de 9 parcelas en San Xurxo de Sacos, nas que se poderán construír unhas 7 vivendas
  • Este Fondo, que axuda aos municipios a financiar a construción de vivenda protexida, está dotado de 10M€ e ten aberto ata o 15 de outubro o prazo de presentación de solicitudes

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 4 de xullo de 2025

A Xunta colabora co Concello de Cerdedo-Cotobade nas obras de humanización da contorna da igrexa de Santa María de Sacos e na promoción de vivenda pública. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou hoxe co alcalde, Jorge Cubela, dous convenios de colaboración para estas actuacións en materia de urbanismo e vivenda.

No caso da primeira destas intervencións, financiarase conxuntamente entre Xunta e Concello a través do Plan Hurbe, co que a Administración autonómica apoia aos municipios en actuacións de mellora das contornas urbanas e equipamentos públicos. O investimento total acada case 375.000€ (372.731€), dos que a Xunta financia o 70% (260.911€) ademais de executar as obras, e o Concello o 30% restante (111.819 euros).

A humanización da contorna da igrexa de Santa María de Sacos permitirá, como destacou a conselleira, mellorar de xeito significativo este espazo, gañando espazo para as persoas.

Así, aumentarase o espazo peonil coa creación dunha plataforma única e ademais mellorarase a eficiencia enerxética, renovarase o pavimento, instalarase mobiliario urbano para delimitar o espazo para o uso peonil e colocaranse novas luminarias LED na zona. Tamén se substituirán as redes de pluviais e se soterrarán as liñas de telecomunicacións, baixa tensión e alumeado.

Allegue indicou que estas intervencións posibilitarán poñer ao servizo dos veciños unha contorna mellorada para albergar a singular igrexa románica de Santa María de Sacos do século XII.

Fondo de Cooperación vivenda

Por outra parte, a conselleira e o rexedor firmaron outro convenio a través do que o municipio afrontará a compra de parcelas onde crear vivenda protexida, grazas préstamo sen intereses do novo Fondo de Cooperación da Xunta. O importe deste préstamo ascende a case 90.000 euros, cos que o Concello adquirirá 9 parcelas na parroquia de San Xurxo de Sacos, nas que se poderán construír en torno a 7 vivendas.

Trátase do primeiro dos convenios que a Xunta asina deste novo Fondo de Cooperación posto en marcha este 2025 para axudar aos concellos a financiar a construción de vivenda protexida e dotado con 10M€. O prazo de presentación de solicitudes por parte dos concellos segue aberto ata o 15 de outubro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/07/2025
1082842 {"title":"A Xunta colabora co concello de Cerdedo-Cotobade na humanización da contorna da igrexa de Santa María de Sacos e na promoción de vivenda pública","published_date":"2025-07-04","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/193938-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1082842"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-04/1082842-xunta-colabora-co-concello-cerdedo-cotobade-na-humanizacion-da-contorna-da-igrexa-santa-maria-sacos-e-na-promocion-vivenda-publica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.