Rueda destaca en Sanxenxo o liderado galego en calidade turística e na xestión do litoral

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Galicia está no podio das Comunidades Autónomas con máis distintivos con 137 galardóns, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo
  • Tralo traspaso efectivo das funcións e servizos en materia de ordenación do litoral, destaca que este escenario reforza a seguridade xurídica de proxectos estratéxicos vencellados ao mar e ao turismo

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Sanxenxo (Pontevedra), 4 de xullo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor esta mañá en Sanxenxo o papel de Galicia como referente nacional en calidade ambiental e turística, no acto de izado de bandeiras azuis que distinguen aos areais e portos deportivos máis destacados do país: "Non se me ocorre mellor maneira de empezar a temporada de máis afluencia que volvendo izar a bandeira azul", salientou. Rueda subliñou que Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas.

O titular do Executivo galego sinalou que as bandeiras azuis avalan non só a beleza das praias galegas, senón tamén a súa limpeza, seguridade, accesibilidade, calidade das augas e o traballo en materia de educación ambiental: "Esta é unha marca de excelencia, desa Galicia Calidade que ofrecemos a todo o mundo que quere vir a visitarnos", apuntou Rueda. E destacou que estes logros son froito da colaboración de concellos, profesionais do sector, entidades colaboradoras e veciñanza, que coidan cada día deste patrimonio común.

Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois. Para Rueda, estes datos confirman a Galicia como un referente en calidade de ocio marítimo e demostran o respecto e o compromiso coa conservación do litoral.

Neste senso, o presidente fixo tamén referencia ao traspaso efectivo das funcións e servizos en materia de ordenación do litoral, en vigor desde o pasado 1 de xullo, que permitirá á Xunta ordenar, protexer e aproveitar de maneira sostible os máis de 2.500 quilómetros de costa galega: "Podemos facer moitas cosas desde aquí para seguir mellorando a costa da comunidade autónoma con máis quilómetros de litoral, onde hai economía, onde hai vida, e onde temos que preservala en sitios tan bonitos coma este", remarcou Rueda.

Considerou que este novo escenario de autogoberno reforzará a seguridade xurídica de proxectos estratéxicos vencellados ao mar e ao turismo, contribuíndo a garantir un litoral vivo, dinámico e con máximas garantías ambientais, co mesmo nivel de implicación que permitiu acadar a excelencia recoñecida na concesión das bandeiras azuis: "Aquí lanzamos esa mensaxe de que agora mesmo toda Galicia está preparada na súa costa e en todos os lugares onde a xente queira visitarnos", salientou o presidente.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/07/2025
1082619 {"title":"Rueda destaca en Sanxenxo o liderado galego en calidade turística e na xestión do litoral","published_date":"2025-07-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/193882-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1082619"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-04/1082619-rueda-destaca-sanxenxo-liderado-galego-calidade-turistica-e-na-xestion-do-litoral https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.