Villaverde resalta a estratexia da Economía Azul de Galicia como elemento transformador da actividade marítimo pesqueira na comunidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A titular de Mar puxo en valor que esta folla de ruta do Goberno galego, dotada con 114 millóns de euros, está aliñada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas
- A responsable autonómica destaca o posición privilexiada da comunidade no impulso de mercados marítimos innovadores e no reforzo da sostibilidade das actividades marítimas, promovendo un crecemento social e económico máis xusto

Vigo, 3 de xullo de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na nova edición do Galicia Market Place, que se celebra en Vigo, onde resaltou a Estratexia da Economía Azul de Galicia como elemento transformador da actividade marítimo- pesqueira. Así o manifestou nun evento xa consolidado como punto de encontro para a cadea mar-industria que serve de escaparate das novas oportunidades do mercado favorecendo as sinerxías entre as empresas e fomentando o intercambio de coñecemento entre os profesionais dando visibilidade ao potencial do sector do mar na comunidade.
A responsable autonómica puxo en valor esta folla de ruta do Goberno galego, que mobilizará 114 millóns de euros ata o 2027, que está aliñada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas. A estratexia recolle 40 medidas entre as que destacan as relacionadas coa promoción e consumo dos produtos do mar, nos que Galicia é modelo de sostibilidade. Entre elas, a incorporación de produtos do mar frescos, de tempada e equilibrados aos menús das escolas infantís e centros autonómicos ou a campaña para mellorar a conservación do medio mariño a través dos cambios nos hábitos de consumo.
Marta Villaverde subliñou a posición privilexiada da comunidade nesta transformación que marcará o desenvolvemento futuro grazas a un sector pesqueiro líder cunha facturación anual de 9.000 millóns de euros e cun carácter profundamente exportador, situando a Galicia como 11ª potencia mundial de produtos do mar. Un punto de partida que permite afrontar o impulso de mercados marítimos innovadores e o reforzo da sostibilidade das actividades marítimas con maiores garantías. Un proceso que necesariamente permitirá promover un crecemento social e económico máis xusto.
A conselleira do Mar sinalou a necesidade de tecer redes e fomentar a conectividade entre os actores clave para facilitar o desenvolvemento de proxectos que reforcen o papel da comunidade como referente da economía azul a nivel nacional e internacional. Iniciativas que deben servir para poñer en valor o mar como eixo de crecemento de futuro.