A Xunta de Galicia inviste 80.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Ortigueira

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O presidente de Portos visitou os traballos executados no vial do Malecón e a explanada portuaria para a mellora da seguridade viaria
Imagen del artículo A Xunta de Galicia inviste 80.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Ortigueira
Ortigueira (A Coruña), 3 de xullo de 2025

Portos de Galicia investiu 80.000 na renovación de pavimentos esgotados no porto de Ortigueira, na provincia da Coruña. O presidente do ente público, José Antonio Álvarez, acompañado polo alcalde da localidade, Valentín Calvín, visitou esta mañá a zona para comprobar os traballos executados que permitirán mellorar a seguridade viaria na zona.

Esta actuación enmárcase nun plan global para 26 dársenas autonómicas no que Portos de Galicia inviste 1,6 millóns de euros para substituír e reforzar os pavimentos esgotados. No marco deste plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas.

Como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peón que transitan pola zona.

En concreto, no porto de Ortigueira actuouse no vial do Malecón e a explanada pública que ten uso de aparcadoiro público. En ambas zonas repúxose a capa de rodadura e a sinalización horizontal.

Avances na dragaxe de Espasante

Durante a súa visita ao municipio de Ortigueira, o presidente de Portos de Galicia insistiu tamén nos últimos avances na tramitación da obra de dragaxe de Espasante. Álvarez Vidal lembrou que o estudio de impacto ambiental da obra está en período de información pública desde o pasado 27 de xuño para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren oportunas. Este trámite supón un avance no desenvolvemento dunha actuación que ten como obxectivo recuperar o calado que permita mellorar a operativa portuaria en condicións de seguridade na dársena.

As obras contan cun orzamento estimado de 1,1 millóns de euros e o proxecto contempla o aproveitamento do material para aporte á praia da Concha, en Espasante, ao conservarse, deste xeito, o material sedimentario dentro do propio sistema do que é orixinario.

Autorización para o guindastre

Durante a súa visita a Ortigueira, o presidente de Portos de Galicia comunicou tamén ao alcalde que o ente público autorizou o uso dun guindastre de 10 toneladas para izada e baixada de embarcacións de recreo á asociación Porto de Ortigueira. Trátase dunha autorización por un prazo de 4 anos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/07/2025
1081632 {"title":"A Xunta de Galicia inviste 80.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados no porto de Ortigueira","published_date":"2025-07-03","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/193572-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1081632"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-03/1081632-xunta-galicia-inviste-80-000-euros-na-renovacion-dos-pavimentos-esgotados-porto-ortigueira https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.