Lara Meneses agradece a colaboración das empresas no 'Xuventude Mentoring' para favorecer a inserción laboral da mocidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Xuventude visita a empresa Siemens Gamesa no municipio de Oroso, cunha vintena de mozos que participan no programa
- Esta iniciativa da Xunta ten por obxectivo mellorar as habilidades e competencias dos participantes para a busca de emprego
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Oroso (A Coruña), 3 de xullo de 2025
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo hoxe unha xuntanza cunha vintena de mozos e mozas que forman parte do programa Xuventude Mentoring nunha visita á empresa Siemens Gamesa de Oroso. Trátase dunha iniciativa integral de formación e mentoring da Xunta de Galicia que busca facer de nexo de unión entre o mundo académico e o mundo laboral da mocidade e na que, tal e como resaltou Lara Meneses, é "fundamental contar coa implicación de entidades e mentores como esta empresa" para ofrecer actividades e visitas formativas á xuventude.
No marco desta visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou que o obxectivo desta proposta, que xa vai pola súa séptima edición, é mellorar as habilidades e competencias dos mozos galegos para a busca de emprego, con accións formativas, actividades de networking e con persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecen asesoramento e apoio.
Nesta liña, lembrou que este programa do Goberno galego está en marcha ao abeiro dun convenio de colaboración co Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria —axente integrador das tres universidades públicas galegas— e conta cun investimento por parte da Xunta de case un millón de euros para o período 2024-2025. Ademais, o proxecto está cofinanciado nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Desde que botou a andar, no ano 2021, máis de mil mozos e mozas levan participado nesta iniciativa que lles posibilita traballar con mentores que lles asesoran de xeito continuo, á vez que poden realizar actividade formativas, asistir a eventos e visitar empresas. Nesta séptima edición, aínda en execución, incribíronse un total de 207 persoas, das cales un 10% xa forma parte do mercado laboral. Nas seis edicións anteriores, unha media dun 50,3% da mocidade participante acadou a inserción laboral grazas a este programa da Xunta de Galicia.