Villaverde enxalza ao Intecmar como centro de referencia e o seu papel como aval da salubridade dos productos pesqueiros galegos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira puxo en valor a calidade técnica dos profesionais deste centro autonómico que realiza anualmente 72.000 análises, emite preto de 300 resolucións, máis de 1.500 informes previos á extracción e 600 avisos
  • A responsable autonómica indicou que este traballo é complementado coa participación en catorce proxectos de investigación contribuíndo a situar a Galicia á vangarda a nivel internacional no control e seguimento do medio mariño
  • O instituto foi designado no 2021 como Laboratorio de Referencia Nacional de Biotoxinas Mariñas pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vilargarcía de Arousa (Pontevedra), 2 de xullo de 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, con motivo da celebración do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), fixo unha visita ás instalacións deste centro autonómico referente nacional e internacional no análise de biotoxinas mariñas. Alí, a responsable autonómica enxalzou o traballo do instituto que avala coas maiores garantías a salubridade dos produtos pesqueiros galegos que chegan aos consumidores contribuíndo dun xeito crucial á boa imaxe destes alimentos nos mercados.

A titular de Mar, acompañada pola directora do Intecmar, Covadonga Salgado, puxo en valor a calidade técnica dos profesionais deste centro autonómico, cun orzamento de 5,4 millóns de euros para este ano, que realiza anualmente 72.000 análises, emite preto de 300 resolucións, máis de 1.500 informes previos á extracción e 600 avisos. Unha gran cantidade de traballo que realizan unidades analíticas fortemente especializadas que contan con equipos de alta tecnoloxía. Entre elas as unidades de bioxeoquímica mariña, de metais pesados, de organoclorados, de microbioloxía e viroloxía ou a de patoloxía.

Marta Villaverde destacou que todo este traballo de vixilancia e control é complementado coa participación en catorce proxectos de investigación, a maior parte de ámbito nacional e europeo, así como en accións no marco de Rede de colaboración entre os centros de investigación autonómicos e o sector pesqueiro, Redemar. Neste apartado destaca o proxecto Volaria, destinado ao estudo dos factores biolóxicos que condicionan a comercialización da volandeira na ría de Vigo ou o proxecto Redecos II para modernizar o sistema de recollida de datos de salinidade e temperatura nas augas pouco profundas dos bancos marisqueiros do litoral galego. Un labor que sitúa a Galicia á vangarda a nivel internacional no control e seguimento do medio mariño así como á competitividade do sector.

Laboratorio de referencia nacional

O instituto foi designado no 2021 como Laboratorio de Referencia Nacional de Biotoxinas Mariñas (LRBM) pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan). No marco desta colaboración o pasado mes de xaneiro o Intecmar recibiu a visita da directora executiva da Aesan, Ana López-Santacruz, acompañada pola directora do Centro Nacional de Alimentación, Juana Bustos e a directora do Laboratorio de Biotoxinas Mariñas de AESAN en Vigo, Sabrina Otero. O obxectivo deste encontro foi a renovación do convenio polo que se instrumenta unha encomenda de xestión para a colaboración no marco das actividades desenvolvidas como LRBM.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/07/2025
1080183 {"title":"Villaverde enxalza ao Intecmar como centro de referencia e o seu papel como aval da salubridade dos productos pesqueiros galegos","published_date":"2025-07-02","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1761726\/20250702VillaverdeCorgosCIMA+%286%29.jpg","id":"1080183"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-02/1080183-villaverde-enxalza-ao-intecmar-como-centro-referencia-e-seu-papel-como-aval-da-salubridade-dos-productos-pesqueiros-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.