A Xunta publica a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Trátase da oposición unificada centralizada na Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública con maior número de vacantes para esta categoría
  • Os aspirantes que superaron o proceso na convocatoria do ano pasado forman parte da 17ª promoción de Policía Local, que rematará a súa formación na Academia en outubro cando se incorporen ás aulas tras as prácticas deste verán nos seus concellos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 134 prazas para os corpos de Policía Local de 35 concellos galegos, das que 102 son por oposición libre e as 32 restantes por provisión de mobilidade. Estas últimas van destinadas aos policías xa en exercicio que cambian de concello mediante sistema de concurso e de conformidade cun baremo de méritos. Trátase da convocatoria de prazas máis numerosa, da que destacan con máis vacantes a cubrir as cidades de Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña, con máis dunha vintena en cada caso.

Trátase dunha nova oposición unificada da Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que o ano pasado permitiu cubrir un cento de vacantes. De feito, correspóndense co alumnado da 17ª promoción da Policía Local que actualmente se está a formar na Academia desde o pasado febreiro para finalizar en outubro e que desde esta semana e durante os meses de verán realizan prácticas nos seus concellos.

O prazo para inscribirse nesta convocatoria comezará despois de que o anuncio se publique no Boletín Oficial do Estado e permanecerá aberto durante 20 días hábiles a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

A oposición libre contará con 5 exercicios: un test de coñecemento de 100 preguntas sobre o temario publicado que se prevé celebrar no mes de setembro xunto coa proba de coñecementos do idioma galego, salvo para as persoas que estean exentas. O proceso continuará coas probas de aptitude física (velocidade potencia de tren superior e inferior, resistencia xeral e natación), psicotécnicas (intelixencia, personalidade entrevista persoal) e recoñecemento médico. Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo, tamén na Agasp, e os aspirantes admitidos pasarán a formar parte da nova promoción de Policía Local da Academia.

Os concellos que convocan prazas nesta convocatoria por algunha das dúas modalidades son A Coruña, Ames, Arteixo, Betanzos, Camariñas, Coristanco, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Noia, Santiago de Compostela e Teo, na provincia da Coruña; A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Meaño, Nigrán, O Grove, O Rosal, Poio, Ponteareas, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; os concellos lucenses de Burela, Foz, Lugo e Viveiro e os ourensáns de Barbadás e Ourense.

Proceso de selección unitario

Desde 2018, a Xunta, a través da Agasp, realiza os procesos selectivos unitarios do persoal de Policía Local coa selección neste período de máis dun milleiro de policías galegos mediante convenios cos concellos que ceden esta competencia no Goberno galego. Así, dos 126 municipios galegos con corpo de Policía Local, 101 deles -incluídas as sete cidades galegas - encomendan á Academia a selección dos seus axentes, o que supón máis do 80%.

Ademais da convocatoria para a categoría de Policía Local, xa rematou o proceso selectivo para o acceso a 95 prazas de postos de auxiliares de Policía Local de 31 concellos galegos.

Centro de referencia

A Agasp é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar as novas promocións de Policía Local ofrece accións formativas con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que garanten a seguridade da poboación galega.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/07/2025
1078694 {"title":"A Xunta publica a convocatoria do proceso selectivo para cubrir máis dun cento de prazas para os corpos de Policía Local nunha trintena de concellos galegos","published_date":"2025-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1761723\/20250701DXEEIReunionComisionCSN+%281%29.jpg","id":"1078694"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-02/1078694-xunta-publica-convocatoria-do-proceso-selectivo-cubrir-mais-dun-cento-prazas-os-corpos-policia-local-nunha-trintena-concellos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.