A Delegación da Xunta en Lugo acolle hoxe a charla motivacional contra o bullying de Sergio 'Maravilla' Martínez
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Lugo, 2 de xullo de 2025
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle hoxe, a partir das 20.00 horas, unha charla motivacional do exboxeador profesional Sergio "Maravilla" Martínez, de entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Entre os asistentes estarán o delegado territorial, Javier Arias, e o tamén exboxeador Alberto Piñeiro "El Piña", promotor da iniciativa desde o club Team Piña Boxing.
O arxentino Sergio "Maravilla" Martínez conta no seu haber con 12 títulos mundiais e é o creador do Método Maravilla, que fomenta a práctica do boxeo e reivindica a súa utilidade para combater o bullying, reforzando a autoestima infantil e educando en valores como a disciplina, o esforzo e o respecto.
Na cita desta tarde compartirá a súa experiencia e a súa visión sobre o deporte como motor de cambio persoal e social; está especialmente dirixida á mocidade, familias, deportistas e educadores, e as persoas que o desexen poderán tomarse fotografías co afamado conferenciante.