Anxo M. Lorenzo remarca o labor do Festival Son do Pazo na difusión e promoción da música galega
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Cultura pon en valor a riqueza que amosa esta cita incluída na campaña 'Para gustos, cultura' da Xunta de Galicia
- O Pazo de Mos acollerá actuacións musicais, un obradoiro de danza tradicional, espectáculos infantís e un mercado de artesanía desde o sábado 30 ao domingo 31 de agosto

Mos (Pontevedra), 30 de xuño de 2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da programación do X Festival O Son do Pazo 2025, unha iniciativa que terá lugar co apoio da Xunta de Galicia no Pazo de Mos entre o sábado 30 e o domingo 31 de agosto.
Na presentación, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude remarcou o traballo e compromiso deste festival co folclore galego, achegando a música galega e ritmos celtas internacionais a un público diverso. O director xeral de Cultura remarcou a importancia de contar con citas gratuítas, que acheguen a cultura e a nosa música a maiores e pequenos. Así mesmo, lembrou que este festival forma parte da campaña Para gustos, cultura que ten en marcha a Xunta de Galicia para os meses de verán con 3.400 actividades en máis de 200 concellos.
A programación do sábado contará coas actuacións da banda de gaitas Airiños do Castelo, Sheila Patricia, Algaire, Mekanika Rolling Band e Mediarea. A axenda este día complétase coa celebración das Olimpiadas Rurais, o concurso de cuartetos e o pasarrúas con Treboada Baixo Miño. O domingo, pola súa banda, os asistentes poderán gozar da actuación de Zurrumalla, unha sesión vermú, un obradoiro de baile impartido por Hadrián García e o espectáculo infantil de Uxía Lambona e a banda Molona.