Villaverde define o 'Vigo Seafest' como un potente escaparate internacional que dá visibilidade á excelencia gastronómica que ofrece o mar de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira participou na presentación da sexta edición deste encontro que consolida a Vigo como a capital europea da pesca
- Destaca a importancia do apoio da Xunta, pois accións deste tipo teñen unha repercusión positiva no desenvolvemento socioeconómico e turístico dos territorios costeiros
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 30 de xuño de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, define o 'Vigo SeaFest' como un potente escaparate internacional para dar visibilidade á potencialidade gastronómica que ofrece o litoral galego. A responsable autonómica participou na presentación desta iniciativa que acolle a cidade olívica, e que a consolida como a capital europea da pesca.
Por elo, Villaverde felicitou á Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) pola organización da sexta edición deste encontro que se desenvolverá dende o 10 ao 13 de xullo nos Xardíns de Elduayen, e que está considerado como un referente en España dentro da gastronomía vinculada ao mar.
Así o certifica a súa programación, que este ano inclúe diversos talleres e actividades para resaltar a importancia socioeconómica do sector pesqueiro e, por extensión, da cadea mar-industria. 23.000 metros cadrados, nos que se darán cita unha decena de chefs locais, que ofrecerán aos asistentes as mellores versións dos produtos capturados polas tres frotas principais: arrastre, palangre e cerco.
A máxima dirixente da Consellería incidiu na importancia de que a Xunta de Galicia colabore e apoie accións semellantes á presentada esta tarde, pois son unha aposta ambiciosa que contribúe ao impulso da zonas costeiras, ao tempo que poñen en valor o sector marítimo-pesqueiro e as súas infraestruturas, así como o potencial turístico e gastronómico, entendido este dende a capacitación e cualificación dos seus profesionais e dende a calidade dos produtos. Unha estrutura que, en palabras de Marta Villaverde, reforza a Galicia Calidade, baseada na excelencia, a tradición e na excelencia.