López Campos resalta o compromiso da Xunta coa conservación dos bens eclesiásticos e do Camiño

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca o "valor artístico, cultural e histórico" do patrimonio vencellado á igrexa e ás rutas xacobeas
  • Fai fincapé nos convenios coas dioceses para a restauración de monumentos e no Plan Catedrais, dotado con 38 M€ ata o 2027 para actuar nos grandes templos
  • Lembra que ao abeiro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial o Executivo autonómico destinou preto de 8 M€ na posta en valor de máis de 40 bens
  • Refírese ás declaracións BIC dos últimos días como mostra "do importante legado recibido dos devanceiros tamén a través das tradicións, os costumes ou as crenzas"
Imagen del artículo López Campos resalta o compromiso da Xunta coa conservación dos bens eclesiásticos e do Camiño
Lugo, 30 de xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Patrimonio, Ángel Miramontes, participou hoxe na apertura das XLIII Xornadas Nacionais de Patrimonio Cultural da Igrexa en España, que se celebrou no Seminario Diocesano de Lugo baixo o título Paisaxe cultural: patrimonio, cultura e fe, onde lembrou "o compromiso do Goberno galego coa conservación dos bens culturais que atesoura o noso territorio, moitos deles vencellados á igrexa, e especialmente os que se atopan nas rutas xacobeas que, xunto coa paisaxe natural, fan dos Camiños un patrimonio extraordinario".

Así, durante o encontro, no que se tratarán ata o vindeiro xoves varios temas que teñen que ver co Camiño de Santiago, a candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra, o patrimonio cultural eclesiástico e a paisaxe cultural, o representante da Xunta apuntou que actualmente Galicia conta con 789 monumentos coa máxima protección tras as últimas declaracións como Ben de Interese Cultural, "hoxe mesmo aprobamos no Consello a declaración como BIC da Rapa das Bestas e a semana pasada a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia". Unha boa mostra, puntualizou, "de que o patrimonio cultural dun pobo é resultado do importante legado que recibimos dos nosos devanceiros, grazas ás expresións artísticas, pero tamén ás tradicións, os costumes ou as crenzas".

Neste senso, López Campos tamén se referiu á colaboración estable que desde a Xunta se mantén coas distintas dioceses galegas para velar polo patrimonio cultural. "Acabamos de renovar o Convenio Mixto a través do que destinamos 600.000€ este ano a intervencións de restauración en igrexas parroquiais polo seu alto valor artístico, cultural e histórico e no que levamos investido 1,2 M€ desde 2019", apuntou.

Así mesmo, destacou o desenvolvemento por parte do Goberno autonómico do Plan Catedrais de Galicia, unha folla de ruta dotada con 38 M€ para manter nas mellores condicións os grandes templos galegos co horizonte posto en 2027, "garantindo que gocen do seu maior esplendor tanto para a nosa propia veciñanza como para recibir do mellor xeito aos visitantes".

Candidatura da Ribeira Sacra

Ao abeiro da temática deste programa, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude resaltou a Ribeira Sacra, que está na súa recta final do proceso que busca a súa declaración como Patrimonio Mundial por parte da Unesco, como "un territorio que reúne un variado patrimonio cultural eclesiástico con igrexas e importantes mosteiros, que se unen á súa riqueza natural e paisaxística, ao redor da auga, e a un rico patrimonio etnográfico e inmaterial no que podemos destacar distintas tradicións locais".

Neste contexto, López Campos aproveitou para lembrar o "esforzo e intenso traballo" por parte do Goberno galego coa candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga, sinalando os preto de 8 M€ que a Xunta ten investido na conservación e posta en valor de máis de 40 bens patrimoniais deste territorio das provincias de Ourense e Lugo. En concreto, ao longo deste período, a Administración autonómica executou, en solitario ou en colaboración con outras institucións e concellos, máis de 90 actuacións tanto en materia arquitectónica como arqueolóxica en diferentes bens, como igrexas, mosteiros, museos, castros ou xacementos romanos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/06/2025
1077545 {"title":"López Campos resalta o compromiso da Xunta coa conservación dos bens eclesiásticos e do Camiño","published_date":"2025-06-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1077545"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-30/1077545-lopez-campos-resalta-compromiso-da-xunta-coa-conservacion-dos-bens-eclesiasticos-e-do-camino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.