Rueda anuncia que a Xunta reclamará o traspaso das competencias executivas das autorizacións iniciais de traballo tras obter o aval do Consello Consultivo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Asegura que o obxectivo é "axilizar" a incorporación "ordenada e planificada" de persoas doutros países ao mercado laboral galego
  • Lembra que son competencias que xa exercen comunidades como Cataluña ou o País Vasco
  • O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración aposta por un modelo para atraer talento exterior baseado "na planificación, a axilidade administrativa, o acollemento e a integración"
  • O Consultivo conclúe que estas funcións forman parte da execución da lexislación laboral, recoñecida no Estatuto de autonomía e que, por tanto, lle corresponde a Galicia o seu pleno exercicio
  • O traspaso permitiría facer fronte ao colapso administrativo do Estado neste eido e reducir prazos á hora de expedir os permisos
  • Trátase dun paso clave para potenciar iniciativas pioneiras como o manifesto de vontades asinado con catro países hispanoamericanos co fin de establecer mecanismos que faciliten a migración laboral ordenada e en liña coas empresas
Imagen del artículo Rueda anuncia que a Xunta reclamará o traspaso das competencias executivas das autorizacións iniciais de traballo tras obter o aval do Consello Consultivo
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello aprobou "reclamar ao Goberno central o traspaso a Galicia das competencias para poder xestionar as autorizacións iniciais de traballo das persoas estranxeiras" tras recibir "o aval do Consello Consultivo".

Rueda salientou que con esta medida o Goberno autonómico busca axilizar "a incorporación ordenada e planificada de persoas de fóra das nosas fronteiras ao mercado laboral galego" e ampliar as súas competencias neste eido "como xa fixeron Cataluña e País Vasco".

En concreto, tal e como explicou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, trátase de reclamar a xestión da tramitación e resolución "das autorizacións iniciais de traballo por conta allea e propia, dos permisos para actividades laborais de tempada e das autorizacións vinculadas a estadías de longa duración por razóns de estudo, mobilidade de alumnado, voluntariado ou formación".

O conselleiro explicou que o Consello Consultivo determina que existen argumentos xurídicos sólidos para entender que estas funcións forman parte da execución da propia lexislación en materia laboral, "unha competencia xa recoñecida a Galicia ao abeiro do seu Estatuto de autonomía" e que, polo tanto, lle corresponde á Comunidade Autónoma o seu pleno exercicio. Esta interpretación queda avalada, ademais, pola doutrina reiterada a este respecto do Tribunal Constitucional en diferentes sentenzas. En consecuencia, o informe considera que Galicia está en condicións de solicitar o traspaso efectivo destas competencias e dos medios persoais e materiais necesarios para levalas a cabo. Unha vez formalizado, a Comunidade podería ditar normas propias para o seu exercicio, dentro dos límites da lexislación estatal vixente.

Aposta por unha inmigración ordenada e da man das empresas

Co inicio desta reclamación formal —unha petición aprobada tamén por unanimidade polo Parlamento de Galicia o pasado 25 de xuño— a Xunta dá un novo impulso ao seu compromiso estratéxico de favorecer unha incorporación ordenada e planificada de traballadores estranxeiros ao mercado laboral autonómico. O obxectivo é axilizar e facer máis eficiente a tramitación das autorizacións iniciais de traballo, clave para cubrir vacantes en sectores estratéxicos, responder ao reto demográfico e atender de xeito áxil as demandas crecentes das empresas. "Teñen a necesidade de cubrir vacantes en eidos coma a agricultura, a construción ou o turismo", indicou Rueda.

"Queremos un modelo de atracción de traballadores do exterior baseado na planificación e no diálogo, na axilidade administrativa e a seguridade xurídica e no acollemento e integración", engadiu o conselleiro.

A xestión directa destas competencias permitirá facer fronte ao colapso administrativo do Goberno central neste eido —agravado tras a entrada en vigor do novo Regulamento de estranxeiría o pasado 20 de maio e con importantes carencias tanto materiais como de persoal—, reducindo prazos para axustalos á realidade do mercado de traballo e facilitando a incorporación de profesionais estranxeiros coas máximas garantías, tanto para os traballadores como para o tecido produtivo galego.

Esta medida complétase co esforzo que xa está a facer Galicia por reforzar o mercado interno, con iniciativas dirixidas ao impulso da formación flexible en liña coas necesidades das empresas. No marco da Estratexia Galicia retorna, destacan ferramentas como o programa Retorna cualifica emprego —con fitos como as feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai— que ata o momento permitiu a contratación de preto de 100 persoas, das cales arredor de 60 xa retornaron a Galicia, e ten máis de 700 en proceso de selección. Seguindo esta mesma filosofía, o Goberno galego prevé a colaboración con terceiros países promovendo accións en orixe. Neste senso, salienta o manifesto de vontades asinado con catro países hispanoamericanos —Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai— co fin de establecer vías para unha migración laboral ordenada e segura e que se vería reforzado coa asunción destas competencias.

Axilidade na homologación de títulos

En paralelo, a Xunta insta tamén o Goberno a promover medidas que favorezan a axilidade na homologación dos títulos universitarios das persoas estranxeiras —competencia exclusiva estatal— que desexen incorporarse ao mercado laboral galego ou continuar coa súa formación con posto de traballo. O obxectivo é reducir as trabas burocráticas e que poidan acceder a traballos acordes coa súa cualificación ou a programas como as bolsas BEME para estudos de posgrao, enmarcadas na Estratexia Galicia retorna.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/06/2025
1077123 {"title":"Rueda anuncia que a Xunta reclamará o traspaso das competencias executivas das autorizacións iniciais de traballo tras obter o aval do Consello Consultivo","published_date":"2025-06-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/192638-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1077123"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-30/1077123-rueda-anuncia-xunta-reclamara-traspaso-das-competencias-executivas-das-autorizacions-iniciais-traballo-obter-aval-do-consello-consultivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.