Portos de Galicia outorga á Confraría de Pescadores de Camariñas a concesión para explotación do edificio da lonxa cunha bonificación do 90%
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2025
Portos de Galicia outorgou á Confraría de Pescadores de Camariñas (A Coruña) unha concesión administrativa para a explotación do edificio da lonxa, situado en dominio público portuario. A concesión contempla a continuidade desta actividade por 10 anos, con posibilidade de prórroga por outros cinco.
O título administrativo outorgado á Confraría de Pescadores de Camariñas contempla a aplicación do artigo 40 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. En base a el contempla unha bonificación do 90% das taxas por ocupación de dominio público por construción ou explotación de edificios para actividade de lonxa. Deste xeito, a Confraría de Pescadores de Camariñas abonará só o 10% das taxas por uso privativo dunha infraestrutura de dominio público portuario, co que abonará preto de 500 euros ao ano polo uso pola ocupación dunha nave de máis de 800 metros cadrados.