A Xunta destaca o persoal voluntario de Protección Civil como "piar na prevención e atención ás emerxencias"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Emerxencias e Interior participou nas xornadas de convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, onde sinalou o apoio do Goberno galego a estes colectivos con axudas ao funcionamento e dotación de material

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Verín (Ourense), 28 de xuño de 2025

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou nas IX Xornadas de convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ourense, onde sinalou a importancia deste persoal na prevención de riscos e na atención ás emerxencias, labores nas que son "un piar fundamental". Incidiu tamén na xenerosidade e entrega que demostran os membros destes colectivos e eloxiou o seu traballo "a prol da seguridade e benestar da poboación, tanto en eventos extraordinarios como no día a día".

Na súa intervención, Santiago Villanueva referiuse ao compromiso do Goberno galego con estas entidades a través de diferentes medidas de apoio. Nesta liña, o mes pasado publicouse a resolución da orde de axudas destinada a financiar os gastos de AVPC, que incrementou a dotación de 340.000 a 370.000 euros, e da que se beneficiarán 66 colectivos de Ourense.

Esta medida súmase ao apoio específico para a dotación de material, que supuxo nos últimos anos un investimento de case 15,4 millóns de euros no conxunto de Galicia e a entrega de máis de 1.500 dotacións, como vehículos, embarcacións, equipos de excarceración ou kits de ferramentas, entre outros. Cómpre sinalar que Ourense é a provincia na que se realizou un maior investimento, máis de 4,8 millóns de euros. Esta provincia é ademais, xunto coa Coruña, a que suma máis Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, 75 con máis de 1.200 membros.

O director xeral avanzou que, no marco do compromiso continuado coa dotación de medios para mellorar a capacidade operativa das agrupacións de voluntarios de protección civil, a Xunta ten previsto publicar neste ano unha nova orde de concesión de material, a través da cal se cederán 35 kits de material loxístico de seguridade viaria, 32 kits de ferramentas eléctricas para a atención a emerxencias e 10 tendas de campaña para emerxencias a concellos galegos que conten con AVPC.

Santiago Villanueva referiuse tamén a outros apoios, como o formativo, con cursos específicos para este persoal impartidos a través da Academia Galega de Seguridade Pública, ou a posta en marcha da nova plataforma informática (SIPROC), que facilita a comunicación das AVPC e os voluntarios coa Xunta. A plataforma permite prestarlles un maior e máis efectivo apoio ás AVPC, xa que é posible coñecer en todo momento a súa composición, formación, recursos dispoñibles e o seu estado, operativos desenvolvidos e ademais permitirá ter información de primeira man da evolución das emerxencias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/06/2025
1075535 {"title":"A Xunta destaca o persoal voluntario de Protección Civil como \"piar na prevención e atención ás emerxencias\"","published_date":"2025-06-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/192110-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1075535"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-28/1075535-xunta-destaca-persoal-voluntario-proteccion-civil-como-piar-na-prevencion-e-atencion-as-emerxencias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.