Comeza a campaña do polbo o 1 de xullo tras un parón de tres meses, un mes por parada biolóxica e dous de veda

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Consellería do Mar e sector reforzan o seu acordo co Plan de xestión do polbo aprobado a finais do mes de marzo
  • O servizo de Gardacostas de Galicia velou polo cumprimento da parada biolóxica e da veda ao igual que continuará mantendo labores de vixilancia e control das medidas recollidas no plan de xestión para garantir unha explotación sustentable deste recurso pesqueiro

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

O inminente comezo da campaña do polbo o vindeiro martes, 1 de xullo, suscitou esta mañá unha xuntanza na que se realizou un seguimento do plan experimental para a xestión deste octópodo aprobado a finais do mes de marzo. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, repasou xunto cos representantes da Federación Galega e as Federación Provinciais de Confrarías a estratexia levada a cabo ata a data, tras tres meses de parón da actividade.

A extracción do polbo atópase actualmente nun período de veda en Galicia, e estivo precedida de un mes de parada temporal da actividade durante o mes de abril. O período de veda significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo, xa sexan interiores ou exteriores.

No plan reforzado no día de hoxe, tanto por Rial como polos representantes do sector, non varían nin os quilogramos marcados como captura máxima nin as e especies acompañantes que se poden capturar, como tamén se confirma que permanecerán igual os horarios, tal e como se recollera no DOG. Compre indicar que, en función da evolución da campaña, as cotas máximas diarias de captura e desembarco poderán ser substituídas por topes semanais.

O director xeral recordou tamén a particularidade da realización dos traballos de laboreo, consistentes no traslado a bordo das embarcacións das nasas desde o lugar de almacenamento, os tres días naturais anteriores ao inicio da campaña e os tres días posteriores ao peche da mesma. Estas labores estarán autorizadas sin que en ningún caso as embarcacións poidan abandonar o porto unha vez depositadas as nasas.

Colaboración e vixilancia

Tamén estiveron presentes na xuntanza representantes de Gardacostas de Galicia dando conta de todas as tarefas de vixilancia realizadas durante estes meses contra o furtivismo coa incautación reiterada de nasas e cacharros de polbo ao longo da costa galega. A posta en marcha destes operativos tivo como resultado a devolución ao mar de máis de 1.700 quilos do mencionado cepalópodo.

Extremar a colaboración entre a Administración autonómica e o sector foi outro dos compromisos que quedou selado esta mañá para seguir controlando de xeito exhaustivo a actividade ilegal sobre a extracción desta especie. A valiosa función que se leva a cabo por parte de Gardacostas verase, ademais, materializada no rigoroso funcionamento do plan, logo do gran esforzo que se fixo nestes tres meses coa vista posta unicamente na preservación do recursos de xeito sostible e co obxectivo de que o seu valor de mercado sexa o máis competitivo posible.

Dende Gardacostas pediuse a colaboración estreita das confrarías en lonxas e puntos de descarga co fin de evitar as ventas ilegais, que poñen en risco a conservación deste prezado produto pesqueiro.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/06/2025
1074256 {"title":"Comeza a campaña do polbo o 1 de xullo tras un parón de tres meses, un mes por parada biolóxica e dous de veda","published_date":"2025-06-27","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/192331-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1074256"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-27/1074256-comeza-campana-do-polbo-1-xullo-paron-tres-meses-mes-parada-bioloxica-e-dous-veda https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.