O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.646

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Do total de recoñecidos contabilízanse 680 mulleres (41%) e 966 homes (59%)

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago, 27 de maio de 2024

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde do 18 de xuño de 2025 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa. No momento actual, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas segue batendo récords e chega xa a 1.646, sendo 680 mulleres (41%) e 966 homes (59%).

Arredor do 77% de todos os recoñecidos -1.273- son deportistas galegos de alto nivel (522 mulleres e 751 homes). Ademais, hai 150 deportistas de rendemento deportivo de base (76 mulleres e 74 homes); 143 deportistas de alto rendemento (58 mulleres e 85 homes); 45 técnicos de alto nivel (cinco mulleres e 40 homes); 23 árbitras e xuízas (catorce mulleres e nove homes); e doce deportistas galegos de alto nivel vitalicios (cinco mulleres e sete homes). Entre estes DGAN vitalicios atópanse algúns dos mellores deportistas de Galicia como Carlos Arévalo, Carlos Pérez 'Perucho', Teresa Portela e Cristian Toro (piragüismo), Támara Echegoyen, Nico Rodríguez e Sofía Toro (vela), Adi Iglesias (atletismo adaptado), Susana Rodríguez Gacio (paratríatlon), Chano Rodríguez (natación adaptada), Enmanuel Reyes (boxeo) e Juan Antonio Saavedra (tiro paralímpico). Cómpre salientar, asemade, que entre todas as categorías están recoñecidos 51 deportistas galegos (17 mulleres e 34 homes) con diversidade funcional, o número máis alto da historia que segue a medrar.

Estas cifras acadadas polo deporte de alto nivel de Galicia débense por unha banda, ao traballo e ao incremento de nivel dos deportistas de Galicia nos últimos anos, así como ao novo decreto de alto nivel publicado en setembro de 2020 que, ademais do deporte de alto nivel de Galicia, tamén recoñece o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base -etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel-. O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo.

Axudas ao alto nivel

Cómpre salientar que, no ano 2024, as axudas da Xunta de Galicia para os deportistas, técnicos, adestradores, xuíces e árbitros de alto nivel acadaron un novo récord ao chegar a preto de 1 millón de euros (958.120 euros). Esta cifra conséguese grazas ás 65 axudas para os deportistas olímpicos e paralímpicos Galicia-París 2024, que contaron cun orzamento de 436.500 euros e que foron resoltas na primeira fase, e ás que se sumaron no mes de abril as 450 axudas concedidas por importe de 521.620 euros na segunda fase dirixida aos deportistas de alto nivel con recoñecemento en vigor nalgún momento dos anos 2023 e 2024, en función dos seus resultados. Este orzamento de 1 millón de euros é o máximo histórico consignado ás axudas para os deportistas de alto nivel, superando nun 30% ao destinado en 2023 (736.500 euros).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/06/2025
1073995 {"title":"O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue subindo e xa acada os 1.646","published_date":"2025-06-27","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1750515\/270625+Torneo+Voleibol.jpg","id":"1073995"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-27/1073995-numero-deportistas-galegos-reconecidos-alto-nivel-segue-subindo-e-xa-acada-os-1-646 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.