Os concertos do Xacobeo ábrense aos sons urbanos máis actuais co nacemento do Festival Lingua Urbana

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Turismo de Galicia apoia a celebración da primeira edición desta nova cita musical que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o venres 29 de agosto
  • No Lingua Urbana danse cita nomes de referencia da escena musical estatal do xénero, como Hard GZ, MVRK ou Xina Mora, ademais de formacións galegas como Boyanka Kostova e 9Louro
  • O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou xunto coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, esta mañá na presentación da cita
Imagen del artículo Os concertos do Xacobeo ábrense aos sons urbanos máis actuais co nacemento do Festival Lingua Urbana
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia apostan polos sons máis atractivos e actuais coa presentación dunha nova cita en Santiago de Compostela: o Festival Lingua Urbana, que celebrará a súa primeira edición na Cidade da Cultura a finais deste verán. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, nun acto no que estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia destacou que "desde o programa Concertos do Xacobeo apostamos por darlle cobertura a novas propostas musicais abertas á mocidade e aos públicos máis diversos, con festivais que permanecen atentos a figuras referentes de xéneros como o urbano, que pisa forte nas listas de escoitas a nivel global".

Ademais, engadiu que "deste xeito, a calidade e a diversidade son eixos fundamentais dos Concertos do Xacobeo, que da man deste novo Lingua Urbana achegarán ao público máis curioso a música de figuras de referencia da escena estatal e local, nun espazo tan emblemático como a Cidade da Cultura da capital galega". Finalmente, subliñou que " a oferta cultural rica e diversa dos Concertos do Xacobeo potencia o atractivo turístico do noso territorio na época estival tamén nas grandes capitais urbanas, apoiando a dinamización da súa economía".

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, celebrou a posta en marcha deste tipo de iniciativas por "adobiar creatividade, arte e lecer, á vez que prestixiar a nosa lingua" e que, segundo subliñou, "acaban erixíndose en ferramentas máis que efectivas para potenciar o emprego do noso idioma entre a mocidade". De igual xeito, salientou que supón un "escaparate e pulo ao enorme talento emerxente, do que é viveiro a nosa Comunidade, cunha xuventude ávida de descubrir fórmulas nova e potentes como esta que se presenta na Cidade da Cultura".

Localización privilexiada

O festival de música Lingua Urbana aterra así nunha localización privilexiada, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela: un espazo único que se encherá dos sons máis actuais para vivir unha experiencia irrepetible. Nesta primeira edición, a cita contará con artistas nacionais de referencia do xénero, como Hard GZ, MVRK, Jhon Pollón, Xina Mora ou Parkineos, ademais dos dj's locais Borja Solla, Sote, Valensk8 e Carlos Barral. A súa programación darelle cabida, ademais, ao talento galego da man de formacións como Boyanka Kostova e 9Louro.

Lingua Urbana -organizado baixo o selo de calidade de Wake Up! co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa Concertos do Xacobeo- propón unha interesante apertura a novas linguaxes musicais que teñen unha grandísima pegada entre o público máis novo, impulsando unha nova cultura no corazón de Galicia.

Concertos do Xacobeo, un programa plural

Concertos do Xacobeo é un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que dá cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Río Verbena, o Galicia Fest, Maresía, Linga Urbana e máis de 120 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 70 localidades de toda Galicia.

Na provincia da Coruña, Concertos do Xacobeo suma máis de medio centenar de eventos, entre eles, esta nova cita cos mellores sons urbanos en Compostela. A capital galega concentra máis dunha decena de eventos dos Concertos do Xacobeo neste 2025, como Maresía, o Gozo Fest, o Lingua Urbana, o Wake Up! No Gaiás ou o WOS Festival.

Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/06/2025
1073385 {"title":"Os concertos do Xacobeo ábrense aos sons urbanos máis actuais co nacemento do Festival Lingua Urbana","published_date":"2025-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1073385"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-27/1073385-os-concertos-do-xacobeo-abrense-aos-sons-urbanos-mais-actuais-co-nacemento-do-festival-lingua-urbana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.