A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, destaca a planificación como elemento clave para acadar un territorio ordenado e sostible
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Rivas participou no congreso que está a ter lugar en Ourense e que leva por título Tejidos al límite: la planificación como herramienta ante el riesgo
- Subliñou a importancia de sumar esforzos a través de equipos de traballo interdisciplinares e especializados para poder planificar a nivel urbanístico e dar resposta ás necesidades da cidadanía

Ourense, 27 de xuño de 2025
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, destaca a planificación como elemento clave para acadar un territorio ordenado e sostible.
Rivas participou hoxe no congreso urbanístico que está a ter lugar en Ourense e que leva por título "Tejidos al límite: la planificación como herramienta ante el riesgo".
Agradeceu ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a celebración deste encontro que permite poñer en común coñecementos e experiencias en materia de urbanismo.
Subliñou a importancia de sumar esforzos a través de equipos de traballo interdisciplinares e especializados para poder planificar a nivel urbanístico a longo prazo e dar resposta ás necesidades da cidadanía.
Puxo en valor o traballo da Xunta para dotar aos concellos de instrumentos eficaces de ordenación do territorio. Neste sentido, lembrou que un total de 123 municipios galegos contan cun planeamento adaptado aos requisitos actuais de sostibilidade social, ambiental e económica.
Avogou por seguir avanzando nesa liña, traballando desde a planificación e o consenso de todos os colectivos co obxectivo de lograr unha ordenación territorial responsable e eficiente.