Román Rodríguez inaugura a aula de tecnoloxía aplicada do CIFP Politécnico de Santiago baseada na automatización industrial e a robótica

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación pon en valor estes espazos que "reforzan a conexión da FP coa realidade dos centros de traballo" e impulsan a innovación nestas ensinanzas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou hoxe a aula de Automatización industrial, robótica e dixitalización do mantemento do Centro Integrado de FP CIFP Politécnico de Santiago. Este é un dos espazos de tecnoloxía aplicada que promove a Xunta de Galicia nas aulas para afianzar a innovación nos ciclos formativos e másteres de FP.

O representante do Goberno galego puxo en valor esta iniciativa, coa que se busca "reforzar a conexión das ensinanzas de FP coa realidade dos centros de traballo e dinamizar a transferencia tecnolóxica entre os centros e o tecido produtivo", sinalou Román Rodríguez. "As aulas tecnolóxicas tamén ofrecen ao alumnado a mellor cualificación en novas tecnoloxías aplicables ao mercado de traballo, outorgando ferramentas como a realidade aumentada e virtual", engadiu.

O titular de Educación, acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este espazo educativo flexible e modular centrado na mecatrónica, un campo que integra mecánica, electrónica e informática para proporcionar aos estudantes unha formación integral en procesos produtivos automatizados, esenciais na industria moderna.

A aula de Automatización industrial está equipada con tecnoloxías punteiras como pneumática, electroneumática, robótica e sistemas de control. Deste xeito, poden beneficiarse dela os alumnos de ciclos de varias familias profesionais, como as de Fabricación mecánica, Instalación e mantemento e Madeira, cortiza e moble.

80 aulas en Galicia

Durante o curso 2024/25 funcionaron un total de 80 espazos de tecnoloxía aplicada nos centros galegos que imparten FP, dos que cinco están en centros composteláns. Ademais da aula de Automatización industrial, o CIFP Politécnico conta co Laboratorio de ensaios de materiais e cun espazo de Diagnose avanzada do vehículo eléctrico e híbrido. Ademais, o Centro Integrado de FP CIFP Compostela conta con dúas instalacións tecnolóxicas: Simuladores na aula de impresión e a aula de Panadaría-Pastelaría Advance.

Oferta de FP no curso 2025/26

O CIFP Politécnico, que actualmente conta con máis de 1.300 alumnos, experimentará no vindeiro curso un incremento de 196 novas prazas repartidas en diversas modalidades. No que atinxe a FP Dual Intensiva incorporaranse os ciclos de grao medio de Planta Química e o de Procesamento e transformación de madeira, mentres que de grao superior serán o de Automoción, o de Deseño e amoblamento, o de Laboratorio de análise e de control de calidade e o de Xestión de auga.

Ademais, o alumnado poderá cursar o máster de grao superior de Inspección técnica e peritaxe de sinistros en vehículos, así como a formación acelerada de grao medio de Montaxe de instalacións de tubaxes e construcións e carpintaría metálica.

Premios extraordinarios ESO

A visita de Román Rodríguez no CIFP Politécnico de Santiago tamén coincide coa celebración das probas dos Premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico, que ademais de celebrarse neste centro, tamén se están desenvolvendo en outras cinco sedes da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O conselleiro de Educación aproveitou para saudar ao alumnado que se está a examinar e desexou sorte aos máis de 630 alumnos que participan este ano na proba, case 100 alumnos máis que o pasado o curso.

Estes premios, que constan de cinco exames (galego, castelán, idioma estranxeiro, xeografía e historia e matemáticas), posibilita que 20 alumnos poidan obter este galardón, dotado con 1.000 euros e un diploma acreditativo. Para poder acadar este premio, os interesados deberán ter obtido no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota media igual ou superior a nove puntos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2025
1073020 {"title":"Román Rodríguez inaugura a aula de tecnoloxía aplicada do CIFP Politécnico de Santiago baseada na automatización industrial e a robótica","published_date":"2025-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/191796-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1073020"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-26/1073020-roman-rodriguez-inaugura-aula-tecnoloxia-aplicada-do-cifp-politecnico-santiago-baseada-na-automatizacion-industrial-e-robotica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.