O Fisterra Experience pon en valor a música, o territorio e a natureza no marco dos Concertos do Xacobeo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director de Turismo de Galicia presentou hoxe esta singular cita que reúne a expoñentes da música electrónica, o soul, o pop, o jazz e o 'tradi' nesta vila mariñeira os días 27, 28 e 29 de xuño
  • No cartel do Fisterra Experience 2025 danse cita grandes nomes da escena musical galega, como Baiuca e Mondra, ademais de figuras emerxentes como Helena Egea, entre moitas outras
Imagen del artículo O Fisterra Experience pon en valor a música, o territorio e a natureza no marco dos Concertos do Xacobeo

Fisterra (A Coruña), 26 de xuño de 2025

Música, territorio e natureza son os eixos fundamentais do Fisterra Experience, unha singular cita musical que regresa esta fin de semana á vila mariñeira de Fisterra co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia para celebrar a súa segunda edición os días 27, 28 e 29 de xuño. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen salientou que co apoio a este evento "se dá cobertura a unha cita que aposta pola proximidade, a nosa paisaxe e a posta en valor do novo talento musical galego, aberto a xéneros e sons atractivos e diversos".

Fisterra Experience busca achegarse á arte dun modo cercano, ofrecendo experiencias únicas e inspiradoras. O festival explora as posibilidades que ofrecen o territorio e a natureza de Fisterra, desde unha ollada sostible e comunitaria.

Entre as bandas e artistas destacados do seu cartel, danse cita nomes como Baiuca, Mondra, Helena Egea, Sabela & The Heartbreakers, A Pedreira e Andhrea & The Blacks Cats, entre moitos outros. Deste modo, o Fisterra Experience renace neste 2025 para ofrecer unha experiencia musical cualitativa que vai da electrónica ao soul, do pop ao jazz e a nova música tradicional, entre outros sons, nunha contorna única.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles engadiu tamén que "a dinamización do turismo nas nosas costas, a través de iniciativas como o Fisterra Experience, dan boa conta da riqueza e as posibilidades da contorna galega, onde é posible explorar a celebración de eventos sostibles, dinámicos, únicos e de gran calidade artística que fan diferencial á nosa oferta cultural na época estival".

Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Río Verbena, o Galicia Fest, o Fisterra Experience e máis de 120 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 70 localidades de toda Galicia.

Na provincia da Coruña, Concertos do Xacobeo suma máis de medio centenar de eventos, entre eles, esta singular cita na vila de Fisterra. Turismo de Galicia potencia así o atractivo turístico nunha contorna cunha grande afluencia de visitantes na época estival, na que se poderá gozar de propostas artísticas de primeiro nivel coa celebración de ciclos, festivais e concertos dunha gran diversidade de xéneros e estilos para todos os públicos, con eventos abertos á mocidade, á infancia e aos adultos máis curiosos e esixentes.

Concertos do Xacobeo fomenta na Coruña a dinamización da economía local, co apoio a asociacións locais, motores da cultura propia, á hostalería e ao comercio; e, tamén, a posta en valor da paisaxe e a riqueza patrimonial local, xa que moitos dos eventos celébranse en espazos naturais e patrimoniais de gran valor da provincia.

Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. O programa completo está recollido na páxina web www.concertosdoxacobeo.gal

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2025
1073016 {"title":"O Fisterra Experience pon en valor a música, o territorio e a natureza no marco dos Concertos do Xacobeo","published_date":"2025-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1073016"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-26/1073016-fisterra-experience-pon-valor-musica-territorio-e-natureza-marco-dos-concertos-do-xacobeo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.