Villaverde sitúa a transferencia de coñecemento entre as entidades sectoriais e a Administración como elemento clave na xestión do marisqueo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Define o encontro como unha oportunidade para a posta en común desta información técnico-científica, co fin de fomentar o crecemento organizativo e o rendemento do persoal profesional implicado
- Un punto de encontro en prol do coñecemento do mar como motor fundamental no seu desenvolvemento en termos de sustentabilidade ambiental e socioeconómica, e de competitividade empresarial
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defende a transferencia de coñecemento entre as entidades sectoriais e a Administración como elemento clave na xestión da actividade marisqueira. Así o trasladou na inauguración do II Simposio de Técnicos de Marisqueo, posto en marcha hai dous anos, no marco da Rede entre o Sector Pesqueiro e Organismos Científicos de Galicia (Redemar), cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
O encontro, que xorde da proposta presentada polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e da colaboración da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, reuniu este xoves na Cidade da Cultura a técnicos de entidades asociativas do marisqueo, aos da propia Consellería, aos da Unidade Técnica de Pesca de Baixura, aos do Intecmar e aos axentes de extensión e investigadores de dito centro dependente do departamento autonómico, para expoñer os coñecementos adquiridos durante trinta anos de traballo no relativo á avaliación de stock, á dinámica de poboacións, á rexeneracións dos bancos e aos métodos e descritores da Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña (DMEM).
Unha oportunidade para a posta en común de toda esta información, compartir experiencias na xestión da actividade marisqueira e para dar visibilidade ao labor deste persoal técnico, contribuíndo, de xeito paralelo, á mellora de aspectos relacionados coa redacción de traballos científicos, co fin de estandarizar a súa calidade e de fomentar o crecemento organizativo e o rendemento dos profesionais implicados. En definitiva, segundo destacou Villaverde, un punto de encontro en prol do coñecemento do mar como motor fundamental para avanzar na xestión do sector, entendéndoa en termos de sustentabilidade ambiental e socioeconómica, e de competitividade empresarial.
Outras iniciativas
Co obxectivo de favorecer a rendibilidade do marisqueo, e novamente ao abeiro de Redemar e da man do CIMA, que dirixe Carlos Gabín, e en colaboración coas mesmas entidades sectoriais, tamén se desenvolveu o proxecto Ecosistémica24.
Esta iniciativa serviu para afianzar a capacitación e a experimentación práctica, ademais de dotar das axeitadas atribucións e competencias tanto aos técnicos da Consellería como da citada organización, á hora de adoptar medidas destinadas á preservación dos recursos e á obtención de maiores ingresos por parte dos traballadores do mar.