O conselleiro de Sanidade destaca a sólida traxectoria do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, que en 2024 captou 50 M€ para novos proxectos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Remarca que o instituto xa está consolidado como referente a nivel internacional grazas ao esforzo constante dun equipo altamente comprometido coa excelencia
  • Pon en valor que en proxectos científicos o IDIS conseguiu captar preto de 24 millóns de euros, sobresaíndo tamén na captación de talento, con 95 axudas por valor de máis de 10 millóns de euros en recursos humanos
  • Subliña que a calidade do traballo do IDIS queda demostrada nos máis de 1.000 artigos publicados cun alto grao de impacto e visibilidade
  • Igualmente é notoria a súa actividade no ámbito da innovación, con decenas de patentes solicitadas e novas concesións
  • O conselleiro incide en que 2024 foi tamén de cambio estrutural clave para a investigación sanitaria galega, ao facerse efectiva a integración dos tres institutos no sistema público autonómico

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a sólida traxectoria e os resultados tan destacados conseguidos no pasado ano polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), que conseguiu captar nun único exercicio preto de 50 millóns de euros para novos proxectos.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, interveu no acto de presentación da memoria do IDIS correspondente a 2024. A memoria foi presentada pola directora científica do IDIS, Luz Couce Pico.

Para o conselleiro, o acto hoxe celebrado no Hospital Clínico de Santiago de Compostela simboliza a aposta que Galicia está a facer pola investigación sanitaria, remarcando que os resultados que hoxe se coñeceron son un éxito compartido no que tamén xoga un papel fundamental a cooperación entre diversas institucións.

Gómez Caamaño subliñou que o IDIS está xa consolidado como referente a nivel internacional grazas ao esforzo constante dun equipo altamente comprometido coa excelencia, capaz de captar fondos, de conseguir apoios e de impulsar proxectos, ademais de sumar profesionais altamente cualificados para transformar o coñecemento en avances reais.

Produción científica

Tal e como remarcou o conselleiro, os 50 millóns de euros captados polo IDIS para actividades de investigación sanitaria son unha cifra extraordinaria, da que a maior parte procede de convocatorias altamente competitivas, tanto nacionais como internacionais, o que confirma un modelo que compite, convence e lidera.

O titular da carteira sanitaria puxo en valor que en proxectos científicos o IDIS conseguiu reunir preto de 24 millóns de euros, sobresaíndo tamén na captación de talento, con 95 axudas por valor de máis de 10 millóns de euros en recursos humanos, que permiten seguir a consolidar equipos e dar continuidade á investigación.

Respecto da produción científica, a calidade do traballo do IDIS queda demostrada nos máis de 1.000 artigos publicados cun alto grao de impacto e visibilidade. Un 25 % das publicacións foron en colaboración cos propios grupos do IDIS e case a metade en colaboración internacional, o que proba que é un centro aberto ao mundo e enraizado na súa contorna.

Tamén destaca o IDIS no ámbito da innovación, con decenas de patentes solicitadas e novas concesións, con 13 spinf-offs activas e con proxectos que xa están a mellorar o sistema sanitario e a vida das persoas.

Motor de futuro para Galicia e integración dos tres institutos

Na súa intervención no acto, o conselleiro remarcou que os datos hoxe presentados pola directora científica do IDIS, Luz Couce, confirman que este organismo é moito máis que un centro de investigación, é un motor de futuro para Galicia, construído por persoas que cren no poder da ciencia para transformar a sanidade.

Gómez Caamaño afondou, así mesmo, que o pasado ano foi tamén de cambio estrutural clave para a investigación sanitaria galega, ao facerse efectiva a integración dos tres institutos de investigación no sistema público autonómico.

Esta integración veu precedida de medidas fundamentais como a homologación das condicións laborais ou a reacreditación por parte do Instituto de Saúde Carlos III, recoñecendo a excelencia e a capacidade científica.

Para rematar a súa intervención, o conselleiro agradeceu aos máis de 1.400 profesionais vinculados ao IDIS o seu traballo para que o prestixio deste instituto siga a medrar e cruzar fronteiras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/06/2025
1071954 {"title":"O conselleiro de Sanidade destaca a sólida traxectoria do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, que en 2024 captou 50 M€ para novos proxectos","published_date":"2025-06-26","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/191794-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1071954"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-26/1071954-conselleiro-sanidade-destaca-solida-traxectoria-do-instituto-investigacion-sanitaria-santiago-compostela-2024-captou-50-m-novos-proxectos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.