A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de almacenamento de residuos non perigosos en Cambre
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
- A actividade da futura instalación centrarase na clasificación, limpeza e valorización de residuos de construción e demolición
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025.- A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental ao proxecto para construír unha planta de almacenamento e valorización de residuos da construción e demolición no concello coruñés de Cambre, concretamente, nunha nave do parque empresarial do Espíritu Santo.
Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e feito público hoxe no Diario Oficial de Galicia, non son previsibles efectos adversos significativos derivados do proxecto, sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e na restante documentación analizada, como na propia resolución autonómica.
Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de oito organismos interesados.
Froito desas consultas, a maioría realizaron a valoración correspondente e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
Neste sentido, esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde, augas e leitos fluviais ou xestión de residuos.
Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da obriga de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles para poder desenvolver o proxecto, remitiuse a resolución ao órgano substantivo e agora dáselle publicidade a través do DOG e da páxina web da Consellería, onde xa está dispoñible.
A instalación localizarase nunha parcela cunha superficie de 2.085 metros cadrados, na que se distinguirán diferentes zonas e espazos. En concreto, construirase unha cuberta de 120 metros cadrados baixo a que se levará a cabo a descarga dos residuos da construción e demolición que presenten fraccións impropias, que tamén se almacenarán neste espazo cuberto.
Fóra da estrutura metálica, prevese instalar unha zona de almacenamento de residuos limpos e outra de machaqueo e criba, onde se situará a maquinaria de proceso de tipo móbil. A maiores, haberá unha área de provisión de áridos reciclados e outra de provisión de materiais naturais.
Promovida por Alsile3 SL, a planta proxectada en Cambre ten como finalidade principal a clasificación, limpeza e valorización de residuos procedentes da construción e demolición, procedentes das obras de instalacións eléctricas, tanto domésticas como industriais, que executa o promotor.
Así mesmo, preténdese o almacenamento tanto de residuos como de materiais naturais de escavación dos traballos para a súa posterior valorización fóra da obra ou ben para valorizar a fracción apta.