Martina Aneiros destaca a importancia de eventos como Gadis Surf Festival Ferrol´ para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada territorial da Xunta en Ferrol participou hoxe, xunto á directora xeral de Promoción da Igualdade, na presentación dunha nova edición do Gadis Surf Festival Ferrol
Imagen del artículo Martina Aneiros destaca a importancia de eventos como Gadis Surf Festival Ferrol´ para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo

Ferrol, 24 de xuño de 2025

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto coa directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou hoxe na presentación dunha nova edición do Gadis Surf Festival Ferrol, o primeiro dos tres eventos da World Surf League (WSL) que se celebrarán este verán en Galicia, onde destacou a relevancia deste campionato para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo, apostando polo deporte como "elemento diferenciador da nosa oferta turística ao tempo que nos mellora como destino".

Concretamente, as praias ferrolás de Esmelle e A Fragata serán o escenario do 25 ao 29 de xuño da Gadis Surf Festival Ferrol. Logo, en agosto terá lugar a Abanca Pantin Classic Galicia Pro, en Valdoviño, e en setembro celebrarase en Razo (Carballo) a Junior Pro Razo. Todas estas probas forman parte da World Surf League, están promovidas polo club de surf Praia de Pantín e contan co apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia.

Como novidade deste ano, o campionato dá un salto cualitativo ao incorporar unha proba do circuito mundial Junior WSL JQS 1.000, que se sumará á tradicional competición, tamén internacional, de Longboard LQS 1.000.

A delegada territorial recordou o feito de que estas disciplinas deportivas se teñen convertido "nun produto turístico de categoría, singular e moi representativa do noso territorio ao tempo que serven de escaparate para a promoción das nosas zonas costeiras".

Durante a súa intervención, Aneiros subliñou que eventos coma este son todo un espectáculo deportivo ao aire libre que nos sitúa nun posto relevante en canto a destino sostible, no que se dan cita deportistas de recoñecido prestixio nacional e internacional pero tamén espectadores que gozan da paisaxe e natureza de Ferrol. Ademais do deporte, o público poderá desfrutar durante estes cinco días de música, gastronomía, bautismos de surf e incluso dun campionato de skate.

Nova aposta pola conciliación corresponsable

Por outra banda, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, aproveitou para lembrar que grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a través dos fondos do Plan Corresponsables, cofinanciados co Ministerio de Igualdade, este certame de surf contará cun Espazo de conciliación, co obxectivo de favorecer a conciliación e a práctica deportiva dirixidas a menores de entre 4 e 16 anos e ás súas familias.

Así, neste recurso de conciliación a rapazada contará con obradoiros didácticos, charlas de reciclaxe, rutas de coñecemento da contorna medioambiental, entre outras actividades, e sempre coa incorporación de aprendizaxes transversais en igualdade e de respecto ao medio ambiente, facendo fincapé na corresponsabilidade e na coeducación dende idades temperás.

Este Espazo de conciliación estará tamén nos outros dous campionatos da World Surf League (WSL) que se celebrarán en Galicia este verán, o Abanca Pantin Classic Galicia Pro e o Junior Pro Razo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/06/2025
1070103 {"title":"Martina Aneiros destaca a importancia de eventos como Gadis Surf Festival Ferrol´ para a proxección internacional de Galicia como referente do turismo deportivo","published_date":"2025-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/191240-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1070103"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-24/1070103-martina-aneiros-destaca-importancia-eventos-como-gadis-surf-festival-ferrol-proxeccion-internacional-galicia-como-referente-do-turismo-deportivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.