A Xunta anima a coñecer Galicia a través dos seus 54 sendeiros azuis e reivindica Sanxenxo como o municipio de España con máis rutas galardoadas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ángeles Vázquez salienta que a comunidade galega lidera este ano a clasificación nacional de itinerarios azuis, que suman en total máis de 388 quilómetros
  • Pon en valor as oito rutas peonís que recibiron este recoñecemento en Sanxenxo, o concello que atesoura tamén o maior número de praias con bandeira azul do país
Imagen del artículo A Xunta anima a coñecer Galicia a través dos seus 54 sendeiros azuis e reivindica Sanxenxo como o municipio de España con máis rutas galardoadas
Sanxenxo (Pontevedra), 24 de xuño de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou hoxe á cidadanía a coñecer Galicia percorrendo algunha das 54 rutas galardoadas este ano no marco da convocatoria Bandeira Sendeiro Azul, un programa da Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) que recoñece a posta en valor de itinerarios peonís mediante a súa transformación en contornas naturais respectuosas, resilientes e sostibles.

Durante unha visita a Sanxenxo, o municipio con máis sendeiros azuis de todo o país e onde participou no izado da bandeira da ruta dos Carballos de Aldariz, a responsable autonómica salientou que itinerarios como este ofrecen aos visitantes unha forma diferente de achegarse á natureza e gozar do seu tempo de lecer ao aire libre e rodeados dun entorno especial.

Acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, a conselleira incidiu tamén na importancia de que un ano máis Galicia volva lidera a clasificación nacional de sendeiros azuis, con 54 itinerarios repartidos polas catro provincias, que suman un total de 388 quilómetros.

Entre eles destacan os oito sendeiros que en 2025 lucirán bandeira azul en Sanxenxo. Son, en concreto, a senda fluvial do río Pontillón, o sendeiro máxico da Lanzada e as rutas litorais Areas-Punta Festiñanzo, Canelas-Punta Cabicastro, Montalvo-Major, Paxariñas-Montalvo e Sanxenxo-Portonovo, ademais da xa mencionada senda dos Carballos de Aldariz, que leva catro anos consecutivos recibindo este recoñecemento.

Neste sentido, Ángeles Vázquez considerou Sanxenxo como un "exemplo" a seguir para os municipios costeiros de todo o país non só polo número de itinerarios azuis acadados este ano, senón tamén pola "excelencia" na xestión das súas praias desde un punto de vista medioambiental.

Ao respecto, a conselleira lembrou que este concello pontevedrés lidera desde hai varios anos a clasificación nacional de municipios con máis praias con bandeiras azuis (un total de 17 en 2025), ademais de contar con tres portos deportivos recoñecidos tamén con este distintivo (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e un centro azul (o Centro de interpretación das Telleiras)

Obxectivos principais

Cómpre lembrar que o programa Bandeira Sendeiro Azul premia e recoñece cada ano a recuperación e posta en valor de rutas, sendas e itinerarios peonís, tanto costeiros como interiores, co obxectivo de fomentar a conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; contribuír coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; fortalecer a coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; integrar de forma transversal aspectos económicos, ambientais e sociais, e mellorar o coñecemento e a sensibilización ambiental.

Ademais, realízase unha revisión periódica de aspectos tales como as características das sendas e trazados; o estado da información, sinalización e infraestruturas dispoñibles; a conservación e xestión do patrimonio natural e cultural, e o uso público e desfrute.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/06/2025
1070102 {"title":"A Xunta anima a coñecer Galicia a través dos seus 54 sendeiros azuis e reivindica Sanxenxo como o municipio de España con máis rutas galardoadas","published_date":"2025-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1070102"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-24/1070102-xunta-anima-conecer-galicia-traves-dos-seus-54-sendeiros-azuis-e-reivindica-sanxenxo-como-municipio-espana-mais-rutas-galardoadas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.