Galicia e outras 12 rexións exixen ao Goberno central que lles envíe xa o informe sobre o estado do lobo para poder sometelo á aprobación das comunidades

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Nunha carta dirixida ao secretario de Estado de Medio Ambiente, lembran que o prazo fixado para que o Ministerio enviara a documentación rematou o 15 de xuño
  • Solicitan que se retire este asunto da Comisión sectorial de Medio Ambiente convocada para o 27 de xuño xa que as comunidades non dispoñen aínda dos datos necesarios para valorar a situación e poder someter os informes a votación
Imagen del artículo Galicia e outras 12 rexións exixen ao Goberno central que lles envíe xa o informe sobre o estado do lobo para poder sometelo á aprobación das comunidades
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025

A Xunta de Galicia e os gobernos doutras 12 comunidades e cidades autónomas —Andalucía, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia, Valencia, Ceuta e Melilla— acaban de dirixirse ao Executivo central para exixirlle que lles envíe "no prazo máis breve posible" o informe preliminar sobre a situación do lobo en España, paso previo e imprescindible para poder sometelo á aprobación por parte das comunidades antes da súa remisión á Comisión Europea.

Nunha carta dirixida ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, os representantes dos 13 gobernos autonómicos lembran que de acordo coa folla de ruta para a elaboración coordinada dos informes sexenais, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) tiña que remitir ás comunidades estes borradores o pasado 15 de xuño.

A día de hoxe, os gobernos autonómicos aínda non recibiron ningunha documentación e sen embargo, o Miteco decidiu incluír os informes sexenais como un dos asuntos a tratar na Comisión sectorial de Medio Ambiente que se celebrará o próximo 27 de xuño.

En resposta a esta convocatoria, Galicia e o resto de asinantes conclúen que "é imposible" que o informe preliminar sobre o lobo chegue a tempo de ser analizado e revisado antes da referida Comisión, que é o órgano no que se ten que deliberar sobre o mesmo como paso previo a sometelo a votación por parte das comunidades nunha Conferencia sectorial posterior.

Por ese motivo, solicitan a Hugo Morán que se retire este punto da orde do día, ao tempo que o emprazan a enviar o antes posible o borrador do referido informe, abrir o correspondente prazo de alegacións para que as comunidades autónomas se pronuncien (20 días) e finalmente, convocar de novo á Comisión sectorial de Medio Ambiente para poder abordar este punto.

Cómpre lembrar que segundo prevé a Directiva comunitaria de conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, o Goberno central ten que enviar este ano á Comisión Europea un informe sexenal sobre o lobo correspondente ao período 2019-2024. Con tal fin, as comunidades debían remitir ao Miteco os datos que tiñan no seu poder, información que debería ser a base para a elaboración do informe definitivo.

De feito, Galicia foi unha das primeiras autonomías en remitir os seus datos sobre a situación do lobo dentro do seu territorio, información que constata que o estado de conservación da especie é favorable en todos os parámetros que se avalían, tanto por amplitude xeográfica, poboación, hábitat e perspectivas futuras.

Por iso, a Xunta leva meses instando ao Goberno central a actuar con rigorosidade e a reflectir con exactitude no informe sexenal do lobo que remitirá á UE os datos que lle trasladen as comunidades autónomas, motivo polo que agora considera imprescindible poder ter acceso ao borrador do referido informe, tal e como se acordara, antes de sometelo á súa aprobación no marco da Conferencia Sectorial e desde alí, elevalo ante a Comisión Europea.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/06/2025
1070099 {"title":"Galicia e outras 12 rexións exixen ao Goberno central que lles envíe xa o informe sobre o estado do lobo para poder sometelo á aprobación das comunidades","published_date":"2025-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1070099"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-24/1070099-galicia-e-outras-12-rexions-exixen-ao-goberno-central-lles-envie-xa-informe-estado-do-lobo-poder-sometelo-aprobacion-das-comunidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.