A Xunta confirma que as promesas de financiamento de vivenda de Sánchez se cinguen ao novo Plan de Vivienda que leva estancado 6 meses xa e que obriga a quintuplicar as achegas de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Xunta critica que o novo anuncio do presidente do Goberno redúcese ao novo Plan Estatal de Vivienda, "que esixe maiores achegas das comunidades autónomas e con máis control por parte do Estado, é dicir, máis fume"
  • O Goberno galego está disposto a asumir este esforzo orzamentario, pero urxe a convocatoria da Conferencia Sectorial de Vivienda para debater o novo marco de financiamento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Madrid, 24 de xuño de 2025

A Xunta asume que deberá quintuplicar a súa achega financeira ao novo Plan Estatal de Vivienda se quere acceder ás axudas comprometidas polo Goberno de Pedro Sánchez. Trala reunión mantida hoxe en Madrid co director general do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, Francisco Javier Martín, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta, Heriberto García Porto, confirmou que a proposta anunciada por Sánchez enmarcarase no Plan Estatal de Vivienda e que non se celebrarán reunións bilaterais para acadar acordos.

Deste xeito, a Xunta critica que o anuncio do presidente do Goberno redúcese ao novo Plan Estatal, "esixindo maiores achegas das comunidades autónomas e con máis control por parte do Estado, é dicir, máis fume".

Neste senso, explicou que para Galicia a proposta implicaría multiplicar por cinco a aportación autonómica ao Plan Estatal para recibir 240 millóns en cinco anos. É dicir, a Galicia corresponderíanlle a través do plan 399 millóns, dos que achegaría 159.

Así, a aportación pasaría cada ano de 6 a 32 millóns de euros, mentres que a do Estado pasará de 22 a 48 millóns. "Galicia quintuplicaría, mentres que o Estado duplica os fondos", sinala García Porto. Isto supón, engade, que as comunidades autónomas deberán achegar o 40 % do orzamento prometido por Sánchez, que ascendía a 7.000 millóns de euros.

García Porto indicou que, por outra banda, a achega das comunidades ao anterior Plan aprobado e agora aínda vixente era voluntaria e permitía acceder aínda a maior importe de financiamento, "mentres que agora é obrigatoria". "Desta forma, esta formulación é un paso máis nas políticas centralizadoras das competencias en materia de vivenda, -criticou- coa intención de condicionar as liñas de actuación autonómicas".

Ante esta situación, a Xunta urxe a inmediata convocatoria da Conferencia Sectorial de Vivienda na que se debatan estas condicións e considera que a reunión bilateral de hoxe vén "pinchar o globo" das promesas do Goberno central, "xa que non vai a haber acordos bilaterais con ningunha comunidade e de novo todo o anunciado é fume".

A pesares desta situación, a Xunta mostrou a súa disposición a participar no futuro Plan e pediu absoluta flexibilidade nos programas e compatibilidade cos xa existentes en Galicia. En todo caso, reclamou ao Goberno central o borrador deste Plan estatal, que está pendente de ser remitido ás comunidades desde hai 6 meses xa, "e que deixe de facer anuncios de financiamento sobre unha base aínda inexistente".

Por outra banda, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta lamentou que este atraso na elaboración do plan "compromete seriamente que poida estar operativo para finais deste ano, o que resulta inconcibible na situación actual de dificultade de acceso á vivenda e máis cando Galicia, do mesmo xeito que outras comunidades, enviaron as súas suxestións ao Estado en decembro do pasado ano".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 24/06/2025
1070095 {"title":"A Xunta confirma que as promesas de financiamento de vivenda de Sánchez se cinguen ao novo Plan de Vivienda que leva estancado 6 meses xa e que obriga a quintuplicar as achegas de Galicia","published_date":"2025-06-24","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/190624-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1070095"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-24/1070095-xunta-confirma-as-promesas-financiamento-vivenda-sanchez-se-cinguen-ao-novo-plan-vivienda-leva-estancado-6-meses-xa-e-obriga-quintuplicar-as-achegas-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.