Manuel Pardo chama a celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial da Xunta en Ourense presentou a campaña Por un San Xoán de 10!, na que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa de San Xoán
- Manuel Pardo fixo un chamamento a manter as áreas de lecer e as contornas das praias fluviais limpas de residuos e a respectar a preservación dos valores naturais
- En canto á localización das fogueiras, o delegado territorial lembrou que están prohibidas en espazos naturais protexidos e que, aínda que o lugar non estea catalogado baixo ningunha figura de protección, é importante ter presente que nel poden vivir animais e plantas que é preciso coidar

Ourense, 23 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa, María Teresa Barge, a área recreativa do concello da Bola para difundir a campaña Por un San Xoán de 10!, que inclúe un decálogo de consellos para celebrar esta festa "sen deixar pegada nas nosas contornas e areais".
O delegado territorial fixo un chamamento a manter as áreas de lecer e as contornas das praias fluviais limpas de residuos e a ser respectuosos coa preservación dos valores naturais. Neste sentido, explicou as pautas de comportamento incluídas nese decálogo, que inclúen desde as cuestións a considerar con anterioridade á celebración da noite de San Xoán como os aspectos a ter en conta ao dar por rematada a festa.
Manuel Pardo incidiu en que neste tipo de celebracións é aconsellable facer un bo cálculo dos asistentes para evitar mercar máis comida e bebida das necesarias e optando por alimentos que poidan ser aproveitados ao día seguinte para reducir o desperdicio alimentario. Ademais, é recomendable usar friameiras, vaixela e bolsas reutilizables para reducir a xeración de residuos, así como priorizar a compra de produtos a granel fronte aos xa envasados para reducir o volume de refugallos.
En canto á localización das fogueiras, o delegado territorial lembrou que están prohibidas en espazos naturais protexidos e que, aínda que o lugar non estea catalogado baixo ningunha figura de protección, é importante ter presente que nel poden vivir animais e plantas que é preciso coidar. Nese senso, fixo especial fincapé en evitar o uso de altofalantes de gran potencia para previr a contaminación acústica. A maiores, recoméndase evitar botar á cacharela calquera obxecto que non sexa de madeira.
Unha vez rematada a celebración, é fundamental recoller os refugallos xerados e depositalos no contedor que corresponda para o seu correcto tratamento.