A Xunta apoiará con case 60.000€ ao concello de Bergondo para levar a cabo o acondicionamento dun bosque autóctono de uso público no seu polígono industrial

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta destacou que este proxecto recibe unha subvención dentro da nova orde Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o impulso de proxectos de fomento das infraestruturas verdes en espazos urbanos e periurbanos como ferramenta de acción a nivel local fronte aos efectos do cambio climático.
  • Belén do Campo salientou o éxito da primeira convocatoria desta liña de apoios que se resolveu con achegas concedidas a 35 concellos de Galicia, esgotando os 2M€ dispoñibles, dos cales na comarca de Betanzos recibiron estas axudas Bergondo, Abegondo e Miño

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Bergondo (A Coruña), 25 de xuño de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, Pilar Arias, visitou o concello de Bergondo para informar dunha axuda que recibirá do Goberno galego, de case 60.000 euros, para levar a cabo o acondicionamento dun bosque autóctono de uso público no seu polígono industrial dentro da nova orde de axudas da Xunta para o impulso de proxectos de fomento das infraestruturas verdes en espazos urbanos e periurbanos como ferramenta de acción a nivel local fronte aos efectos do cambio climático.

Así o explicou, esta mañá, Belén do Campo que coñeceu, na visita, os detalles da actuación subvencionada. Neste caso concreto, o proxecto busca mellorar as condicións ambientais da contorna e promover a súa biodiversidade. A actuación enmárcase dentro da estratexia de compensación da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, favorecendo a recuperación de espazos naturais e a mellora do capital natural do polígono. A intervención desenvolverase nunha superficie total de 79.854 m².

Esta iniciativa inclúse dentro da liña proxectos de mellora da infraestrutura urbana verde e azul e dentro diso no apartado de mellora da conectividade natural entre o medio urbano e periurbano, reforzando a transición natural dende o polígono industrial cara á súa contorna e mellorando as conexións ecolóxicas e paisaxísticas do territorio.

O proxecto, segundo explicou Belén do Campo, contempla diversas intervencións para a posta en valor deste espazo verde público, que inclúen a erradicación de especies exóticas invasoras, a consolidación e reforzo da vexetación autóctona mediante a plantación de especies arbóreas propias do bosque atlántico, a creación de pequenos hábitats para a fauna local e polinizadores, e a mellora da accesibilidade a través do acondicionamento de camiños naturais e espazos de estancia.

A intervención busca non só a recuperación ecolóxica do espazo, senón tamén o seu aproveitamento como recurso didáctico e de sensibilización ambiental para a poboación. Neste sentido, inclúese a instalación de elementos de sinaléctica informativa sobre os valores naturais do lugar, a creación de itinerarios interpretativos e o acondicionamento de puntos de observación estratéxicos, como un miradoiro natural sobre a ría.

Orde axudas

A delegada destacou a boa acollida entre os alcaldes da primeira convocatoria desta liña de apoios "pioneira". De feito, salientou que tras analizar as preto de 100 solicitudes recibidas e unha vez resolta a convocatoria deste ano, concedéronse axudas a 35 concellos para a execución de 42 proxectos, esgotando os 2 millóns de euros do orzamento dispoñible. Neste sentido, felicitou en especial aos concellos da comarca de Betanzos, Bergondo, Abegondo e Miño, por aproveitar ao máximo estas axudas xa que recibiron máis de 164.000 euros para os seus proxectos.

No caso da provincia da Coruña, son un total de 11 as entidades locais beneficiarias para 13 obras subvencionadas con arredor de 630.000 euros. En todas estas iniciativas, o Executivo galego aporta ata o 80 % do importe subvencionable e como máximo 60.000 euros por iniciativa —cun límite de tres proxectos por solicitante—, e mobilizarán un investimento total de máis de 2,5 millóns, contando tanto as achegas autonómicas como as achegas dos concellos.

Os municipios optaron a estas axudas, en concorrencia non competitiva, con proxectos presentados de forma individual en tres liñas. En primeiro lugar, foron subvencionables as intervencións en espazos públicos orientadas a atenuar o chamado efecto illa de calor. Dentro deste grupo encaixaron as iniciativas municipais que buscaban habilitar un sombreado natural en rúas e prazas mediante a plantación de árbores, preferiblemente autóctonas, intervencións para reducir a impermeabilidade do solo para aumentar a súa capacidade de drenaxe ou a creación de microclimas co recurso a láminas de auga que reducen a temperatura e combaten o efecto illa de calor.

Nun segundo grupo entrarían proxectos cos que se pretende incrementar a biodiversidade urbana e as zonas verdes a través, por exemplo, a implantación de xardíns verticais e cubertas ou tellados verdes en infraestruturas e edificacións públicas, ou a restauración de zonas húmidas que albergan unha gran variedade de especies. Finalmente, tamén se contemplaron iniciativas municipais para mellorar as infraestruturas verdes e azuis das zonas urbanas. Así, puideron optar a estas achegas iniciativas para a recuperación de treitos urbanos fluviais deteriorados ou para mellorar a conexión entre o medio urbano e periurbano mediante, por exemplo, sendas verdes.

Entre un 40 % e un 70 % das emisións GEI

Cómpre lembrar que o obxectivo desta liña de axudas é dotar ás zonas urbanas de espazos e pulmóns verdes como parques, xardíns, fontes ou áreas recreativas tendo en conta que se estima que é nas áreas máis poboadas é onde se xeran entre un 40 % e un 70 % de todos os gases de efecto invernadoiro (GEI).

A existencia destas contornas naturais, de feito, repercute na redución das emisións á atmosfera e na mellora da calidade de vida da cidadanía polos beneficios que reportan para a saúde e pola sociabilidade, ao ser tamén espazos de encontro e lecer colectivo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/06/2025
1068465 {"title":"A Xunta apoiará con case 60.000€ ao concello de Bergondo para levar a cabo o acondicionamento dun bosque autóctono de uso público no seu polígono industrial","published_date":"2025-06-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/191023-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1068465"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-23/1068465-xunta-apoiara-case-60-000-ao-concello-bergondo-levar-cabo-acondicionamento-dun-bosque-autoctono-uso-publico-seu-poligono-industrial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.