Martina Aneiros anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou da campaña Por un San Xoán de 10! que inclúe un decálogo de consellos para celebrar a festa desta noite
Imagen del artículo Martina Aneiros anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente
Ferrol, 23 de xuño de 2025

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou no mañá de hoxe o areal de Doniños con motivo da campaña Por un San Xoán de 10! coa que a Xunta de Galicia aposta por celebrar esta noite de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente.

Martina Aneiros repartiu entre os veciños folletos informativos desta campaña que inclúe un decálogo de consellos para celebrar esta festa "sen deixar pegada nas nosas contornas e areais".

A delegada territorial incidiu no chamamento a manter as praias limpas de residuos e a ser respectuosos coa preservación dos valores naturais dos areais e explicou as pautas de comportamento, que inclúen desde as cuestións a considerar con anterioridade á celebración da noite de San Xoán como os aspectos a ter en conta ao dar por rematada a festa.

Entre os consellos deste campaña, cómpre destacar a conveniencia de facer compras responsables que eviten mercar máis comida e bebidas do necesario para reducir o desperdicio alimentario. Ademais, é recomendable usar friameiras, vaixela e bolsas reutilizables para reducir a xeración de residuos, así como priorizar a compra de produtos a granel en vez dos sobrenvasados.

En relación á localización das fogueiras, a delegada territorial lembrou que están prohibidas en espazos naturais protexidos e que, aínda que o lugar non estea catalogado baixo ningunha figura de protección, "non debemos esquecer que os espazos naturais son hábitat de animais e plantas polo que temos que ser respectuosos, polo que tamén é importante reducir a contaminación acústica, evitando o uso de altofalantes de gran potencia que poidan molestar". Ademais, tamén se recomenda non botar ás fogueiras calquera obxecto que non sexa madeira, porque contamina e pode resultar perigoso.

Por último, unha vez rematada a festa, é moi importante recoller todos os residuos xerados e levalos aos contedores correspondentes para o seu correcto tratamento, cunha mención especial ás cabichas que teñen substancias perigosas e son altamente contaminantes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/06/2025
1068464 {"title":"Martina Aneiros anima a celebrar unha noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente","published_date":"2025-06-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1068464"} galicia C. de Medio Ambiente e Cambio Climático https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-23/1068464-martina-aneiros-anima-celebrar-unha-noite-san-xoan-xeito-sostible-e-respectuoso-co-medio-ambiente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.