A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman máis de 10 quilómetros no Concello de Valga
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 16 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento en tres tramos de río que suman máis de 10 quilómetros no concello de Valga.
As tarefas, que se desenvolverán en varias parroquias destes municipios, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, na roza puntual e selectiva das zonas de acceso ás canles así como na eliminación de especies exóticas invasoras presentes na contorna.
Os traballos, que foron comunicados ao concello, prolongaranse durante arredor de 16 semanas e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras ao tempo que se contará co apoio doutra maquinaria de maiores dimensións, como unha carretilla de carga e un tractor.
As actuacións céntrase en máis de 4,8 quilómetros do río Louro ao seu paso polas parroquias de Santa Comba de Cordeiro e San Salvador de Setecoros e Santa María de Xanza. Nesta última parroquia tamén se actuará no río Valga, no que tamén se levarán a cabo traballos ao seu paso por Santa Cristina de Campaña e San Miguel de Valga. En total, serán preto de 4,5 quilómetros. A maiores, traballarase en preto de 800 metros dun río innominado nos lugares de Fontenlo e Pedreira, en San Miguel de Valga.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación (Arpsi).
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.