Rueda reafirma o apoio da Xunta ao colectivo veterinario durante a toma de posesión da nova Xunta de Goberno do Colexio de Veterinarios de Pontevedra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca o incremento do 43% a fondos destinados á sanidade animal e vexetal, que este ano acada os 30 millóns de euros
- Subliña que o papel dos veterinarios é fundamental para garantir a vantaxe competitiva dos produtos agrogandeiros da Comunidade
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Sanxenxo (Pontevedra), 21 de xuño de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado no acto de toma de posesión da nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra, onde destacou a función esencial que desempeña o colectivo veterinario tanto no eido profesional como no social e sanitario, e retirou o compromiso da Administración galega con este sector estratéxico.
Rueda puxo en valor a traxectoria do Colexio como voz e referencia para os profesionais da veterinaria na provincia, e aproveitou para reiterar a colaboración institucional co colectivo. Subliñou que a relación da Xunta cos veterinarios vai máis alá das palabras e se materializa en feitos concretos, cifras e políticas públicas que inciden directamente na mellora da sanidade animal e na competitividade do mundo rural galego.
Neste senso, o presidente lembrou que máis de 700 veterinarios prestan servizo na Administración autonómica, con especial presenza na Consellería do Medio Rural, onde xogan un papel fundamental nas campañas de saneamento gandeiro. Nesta liña, destacou o incremento dun 43% nos fondos destinados en 2025 á sanidade animal e vexetal, que acadan os 30 millóns de euros, como unha mostra do compromiso do Goberno galego cun sector que considera prioritario.
Rueda salientou o compromiso da Xunta cos animais de compañía, lembrando que Galicia é unha das Comunidades con maior número de mascotas rexistradas, con preto de 800.000 inscritos. Subliñou que o Goberno galego leva anos sendo pioneiro nesta materia, coa Lei de benestar animal de 2017 e con novas actuacións en marcha para avanzar cara ao "maltrato cero", fomentar a adopción e evitar os abandonos. Entre os proxectos destacados, puxo en valor a construción do primeiro centro autonómico de recollida de animais abandonados e a creación de parques caninos nas sete grandes cidades, ampliando progresivamente a iniciativa aos concellos de máis de 20.00 habitantes.
Galicia, comprometida co sector
O xefe do Executivo autonómico tamén destacou que o orzamento contribúe a manter a excelente situación da cabana gandeira galega, o que supón unha vantaxe competitiva para produtos agrogandeiros da Comunidade, favorecendo o seu acceso a mercados en mellores condicións. Lembrou, ademais, que Galicia está libre de enfermidades como a tuberculose bovina ou a brucelose, grazas ao traballo rigoroso e constantes dos veterinarios.
A este respecto, destacou que, no que vai de ano, realizáronse máis de 50.000 inspeccións e controis en explotacións e se analizaron máis de 700.00 mostras, que deron lugar a preto de 1,3 millóns de determinacións analíticas.
O titular do Goberno galego tamén fixo referencia ás medidas postas en marcha pola Xunta para loitar contra enfermidades como a lingua azul (para a que se manterá a vacinación gratuíta en 2025) ou a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica, fronte á cal xa se mobilizaron máis de 5 millóns de euros en axudas. Ademais, destacou o papel das Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG), que contan este ano cunha achega de máis de 2 millóns de euros para continuar mellorando o benestar animal e o nivel sanitario das explotacións.
Rueda concluíu poñendo en valor a ética profesional, a formación continua e o compromiso social dos veterinarios galegos, e agradeceu a dedicación do colectivo fronte aos retos dunha vocación que repercute positivamente no conxunto da sociedade.