A Xunta apoia a liga galega de traiñeiras con case unha trintena de equipos nas súas tres categorías

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou no acto de presentación da competición na Pobra do Caramiñal, onde puxo en valor a capacidade de resiliencia do Club Remo Puebla tras o incendio do pasado xaneiro
  • Destacou a tradición e singularidade deste deporte e o apoio do Goberno galego ao remo galego
  • A competición arrincará o 28 de xuño e prolongarase ata finais de agosto

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 21 de xuño de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación da Liga Galega de Traiñeiras, que arrincará o próximo 28 de xuño e se prolongará ata finais de agosto cun total de 26 equipos.

No acto, agradeceu o traballo da Asociación Liga Noroeste por organizar un ano máis a competición por excelencia do banco fixo en Galicia nas súas tres categorías: Liga A, Liga B e Liga feminina.

O acto celebrouse na Pobra do Caramiñal, onde ten sede o Club Remo Puebla, afectada por un incendio o pasado xaneiro. Diego Calvo puxo en valor "a resiliencia, superación e esforzo" do club por superar esta situación e poder organizar o mes pasado o Campionato de España de Traineirillas.

Cómpre lembrar que a Xunta concedeu unha axuda extraordinaria de 60.000 euros tras o incendio para adquirir material seguir co fomento da práctica do deporte do remo, así como a súa participación nas diferentes competicións. Ademais, o Goberno galego autorizou o uso da nova sede do club no porto da Pobra do Caramiñal cunha bonificación do 90% das taxas. Este club, fundado en 1979, é un dos importantes de Galicia, nomeadamente, no banco fixo, e na tempada 2021 competiu con tres embarcacións en todas as categorías da Liga Galega de Traiñeiras: A, B e feminina. O club conta con preto de 150 licenzas federativas, sendo o 61% das mesmas de base.

Na súa intervención, o conselleiro de Presidencia destacou que as traiñeiras é "un dos deportes con maior tradición e vínculo coa historia de Galicia", xa que empregábanse para a pesca e "hoxe seguimos desfrutando da súa presenza a través das competicións". Por iso, a Xunta recoñece a "singularidade" deste deporte e destina este ano 143.000 euros en apoio á Liga Galega de Traiñeiras. Aínda que esta modalidade non é olímpica, o remo galego tivo presenza nos pasados Xogos Olímpicos en París na categoría de banco móbil cos remeiros galegos Rodrigo Conde e Caetano Horta, que acadaron diplomas olímpicos.

Competición ata finais de agosto

O próximo 28 de xuño arrincará a competición coa XI Bandeira Concello de Redondela da Liga A, a III Bandeira Chapela-Wofco da Liga B e a X Bandeira Feminina Concello de Redondela.

A Liga A está conformada por 11 equipos: SD Tirán-Pereira, SD Samertolameu, CM Bueu-Simei, CR Cabo de Cruz, CR Mecos, CCD Cesantes, CR Narón, CM Mugardos e CR Chapela-Wofco, CM Castropol e CR Urme. Por outra banda, na Liga B competirán un total de cinco equipos como o CR Salgado-Perillo, CR A Cabana-Ferrol, CR Puebla, CR Chapela-Wofco B e CM Bueu-Simei B.

Cómpre salientar os 10 equipos femininos que competirán na LGT, isto é, CR Cabo da Cruz, SD Tirán Pereira, CR Chapela-Wofco, CR Salgado-Perillo, CR Rianxo, CR A Cabana-Ferrol, CM Castropol, , Cesantes-Bueu-Cefycal-Simei, CR Mecos e Amegrove CR.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 21/06/2025
1067205 {"title":"A Xunta apoia a liga galega de traiñeiras con case unha trintena de equipos nas súas tres categorías","published_date":"2025-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/190725-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1067205"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-21/1067205-xunta-apoia-liga-galega-traineiras-case-unha-trintena-equipos-nas-suas-tres-categorias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.