Turismo de Galicia remodela e humaniza a contorna da igrexa de San Miguel de Pereiras en Mos para incrementar os recursos turísticos do concello

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director de Turismo de Galicia e a alcaldesa de Mos asinaron o convenio que inclúe a substitución do alumeado público, traballos de axardinamento e dotación de mobiliario

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Mos (Pontevedra), 20 de xuño de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a alcaldesa do concello de Mos, Nidia Arévalo, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a remodelación da contorna da igrexa de San Miguel de Pereiras, que data do ano 1788. Mediante este acordo realizaranse unha serie de actuacións, destinadas a acondicionar e humanizar este espazo e favorecer o seu uso pola veciñanza, coas que segundo salientou Xosé Merelles, "queremos incrementar os recursos turísticos deste concello".

Para isto, procederase á pavimentación do ámbito e o replanteo de instalacións urbanas a través de unha plataforma única, sen limitar entre a zona de peóns e a zona de paso de vehículos para que as persoas viandantes poidan apropiarse da zona de tránsito motorizado, que deberá moderar a velocidade de circulación. Substituirase ademais a rede de alumeado público e soterraranse as redes eléctrica e telefónica. Adecuarase a rede de pluviais actual, ademais de acometer traballos de axardinamento, arborado e dotación de mobiliario urbano con bancos, papeleiras e contedores. Está previsto que as distintas actuacións mobilicen un orzamento de preto de 400.000 euros.

O director de Turismo de Galicia salientou ademais que "a través das actuacións porase en valor a igrexa de San Miguel e o castro das Pereiras, incluídos na contorna de protección de elementos do catálogo de Patrimonio Cultural". Como destacou Xosé Merelles, o proxecto busca revalorizar o turismo do concello e da comunidade, así como "mellorar a calidade de vida da poboación e contribuír a humanizar o Camiño de Santiago de cara a celebración do Xacobeo 2027".

O director da Axencia valorou a relevancia da iniciativa de cara aos seus obxectivos de "diversificar a actividade turística e poñer en valor espazos urbanos e rurais e de facilitar ao sector turístico un contexto favorable para a creación dun produto de alto valor engadido". Na mesma liña, encadrou o proxecto no marco da Estratexia de Turismo 2030, ao vinculalo ao obxectivo de impulsar un turismo auténtico e sostible.

Datos turísticos

Mos encádrase no Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño, que no ano 2024 rexistrou un comportamento moi positivo en termos de demanda turística. O número de noites achegouse ás 600.000, marcando récord histórico ao subir un 19%. Arredor de 350.000 persoas visitaron a zona, o que marca un ascenso do 31%.

Ademais, Mos está no percorrido do Camiño Portugués que este 2025 foi percorrido por case 37.800 peregrinos.

Esta colaboración enmárcase no traballo da Xunta por impulsar o rural galego desde o punto de vista turístico para a dinamización económica local. En concreto, neste xeodestino, a Xunta colabora habitualmente a través dunha colaboración anual co xeodestino, obras de mantemento de camiño Portugués e mantemento do albergue da rede pública de albergues. Ademais, Mos forma parte do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño "Despensa de Galicia", dotado con 1,5M€.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/06/2025
1065779 {"title":"Turismo de Galicia remodela e humaniza a contorna da igrexa de San Miguel de Pereiras en Mos para incrementar os recursos turísticos do concello","published_date":"2025-06-20","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/190732-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1065779"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-20/1065779-turismo-galicia-remodela-e-humaniza-contorna-da-igrexa-san-miguel-pereiras-mos-incrementar-os-recursos-turisticos-do-concello https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.