Medio Rural investiu preto de 2,5 M€ no 2024 para financiar proxectos de innovación no agro galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria do pasado ano das axudas para a execución de iniciativas innovadoras dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) da Consellería do Medio Rural
- O obxectivo destas axudas é impulsar a creación e funcionamento destes grupos para contribuír á modernización da agricultura e das zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria do ano 2024 das axudas por parte da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027. En total, concedéronse subvencións por un importe de 2,51 millóns de euros.
O obxectivo destas achegas é impulsar a creación e funcionamento de grupos operativos que contribúan á consecución do obxectivo de modernizar a agricultura e as zonas rurais, fomentando e poñendo en común o coñecemento, a innovación e a dixitalización nas zonas agrícolas e rurais promovendo a súa adopción polos agricultores, mediante a mellora do acceso á investigación, á innovación, ao intercambio de coñecementos e á formación.
Os grupos operativos -formados polo menos por dous membros- teñen como finalidade promover novas formas de cooperación para a execución de proxectos innovadores. O obxectivo último é resolver un problema ou aproveitar unha oportunidade determinada nos sectores agroalimentario e forestal.
Os beneficiarios destes fondos son 63 en total, entre os que se atopan agricultores, gandeiros, silvicultores e organizacións representativas destes, investigadores ou persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no eido do medio rural. Tamén, empresas do sector agrícola, gandeiro ou forestal e as súas organizacións representativas, cooperativas agrarias e as súas asociacións e outras entidades que demostren intereses no fomento da competitividade da agricultura, na sustentabilidade dos recursos naturais e do clima ou desenvolvemento das economías e comunidades rurais.