A Xunta somete á información pública o proxecto para dotar a VAC Tui - A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento de 1,6 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O DOG publica hoxe este anuncio, establecendo 30 días hábiles contados a partir de mañá para presentar alegacións
  • O obxectivo é a execución dos ramais en sentido Tomiño para completar os movementos do enlace de Areas, dentro da VAC Tui-A Guarda, mellorando as conexións do polígono ubicado neste punto
  • O ramal de saída a Tomiño sitúase na marxe dereita da vía de alta capacidade e resolve o movemento de saída do polígono de Areas en sentido A Guarda
  • O ramal de entrada a Tomiño sitúase na marxe esquerda da VAC e resolve o movemento de saída da autovía en sentido Tui cara ao enlace de Areas
Imagen del artículo A Xunta somete á información pública o proxecto para dotar a VAC Tui - A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento de 1,6 M€
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

A Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto para dotar a vía de alta capacidade Tui-A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento estimado de preto de 1,6 M€.

O prazo para presentar alegacións a este proxecto será de 30 días hábiles contados a partir de mañá.

O obxectivo do proxecto é a execución dos ramais en sentido Tomiño para completar os movementos do enlace de Areas, dentro da VAC Tui-A Guarda, mellorando as conexións do polígono ubicado neste punto.

A Xunta traballa coa previsión de poder aprobar o proxecto de trazado no outono, para proceder á redacción do proxecto construtivo e licitar as obras.

Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio, que tamén inclúe a relación individual de bens, dereitos e propietarios necesarios afectados polo proxecto referido.

A actuación consiste en duplicar o paso inferior baixo a autovía, cuxa execución está contratada no marco da obra do treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350.

O ramal de saída a Tomiño sitúase na marxe dereita da vía de alta capacidade e resolve o movemento de saída do polígono de Areas en sentido A Guarda. O ramal de entrada a Tomiño sitúase na marxe esquerda da VAC e resolve o movemento de saída da autovía en sentido Tui cara ao enlace de Areas.

Ademais disporase unha senda peonil adxacente ao vial de conexión co polígono que permita a circulación de viandantes de forma segura e sostible.

Esta actuación súmase ao treito licitado en xaneiro, que conectará o enlace de Areas coa estrada PO-350, entre os concellos de Tui e Tomiño. A intervención conta cun investimento de máis de 17 M€.

Na actualidade está en servizo o treito da VAC Tui-A Guarda, entre Goián e A Guarda, cunha lonxitude de 10,15 km, que percorre os concellos de Tomiño, A Guarda e O Rosal, e que entrou en funcionamento en 2014.

O Goberno galego planificou unha execución por fases que dialogou cos principais axentes institucionais e económicos implicados e que estableceu a priorización deste treito inicial de Tui, incluíndo o enlace de Areas.

De forma paralela a estas actuacións, a Axencia Galega de Infraestruturas segue progresando na tramitación dos seguintes treitos ata Goián.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/06/2025
1064726 {"title":"A Xunta somete á información pública o proxecto para dotar a VAC Tui - A Guarda dun enlace completo co polígono de Areas, que suporá un investimento de 1,6 M€","published_date":"2025-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1064726"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-20/1064726-xunta-somete-informacion-publica-proxecto-dotar-vac-tui-guarda-dun-enlace-completo-co-poligono-areas-supora-investimento-1-6-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.