A Xunta incrementa nun 2,9 % a oferta de prazas de formación sanitaria especializada ata acadar o máximo histórico con 676 prazas para o curso 2025-2026

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Consellería de Sanidade convoca 19 prazas máis que o ano anterior e oferta o 100 % das prazas acreditadas para formación nas especialidades máis deficitarias como medicina de familia, pediatría, psiquiatría ou psicoloxía clínica, entre outras
  • Para aumentar a súa capacidade de formación de especialistas, Galicia obtivo en 2025 a acreditación de 11 novas prazas en especialidades como oncoloxía médica, enfermería pediátrica, psicoloxía clínica e psiquiatría
  • O Goberno galego destina este ano 83,5 M€ ao financiamento da formación de especialistas sanitarios
Imagen del artículo A Xunta incrementa nun 2,9 % a oferta de prazas de formación sanitaria especializada ata acadar o máximo histórico con 676 prazas para o curso 2025-2026
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025

O xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, Antonio Fernández Campa, salientou hoxe no Parlamento que Galicia presenta para o curso 2025-2026 a maior oferta de formación sanitaria especializada da súa historia, coa convocatoria de 676 prazas, o que representa un 2,9 % máis que o curso anterior, isto é, 19 prazas máis que na convocatoria anterior.

No marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia, o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde explicou o traballo de planificación realizado pola Consellería de Sanidade e a decisión de convocar o 100 % das prazas de formación acreditadas nas especialistas con maior necesidade de profesionais.

Así, nesta convocatoria ofertáronse todas as prazas acreditadas de medicina familiar e comunitaria (207), pediatría (27), matronas (20), medicina interna (20), neuroloxía (9) e, entre outras, de especialidades do ámbito da saúde mental: psiquiatría (19), psiquiatría infantil e da adolescencia (2) e psicoloxía clínica (16).

Fernández Campa subliñou que é o Executivo galego quen financia integramente a formación de especialistas sanitarios e ten consignada unha partida de 83,5 millóns de euros nos orzamentos de 2025.

Para aumentar a súa capacidade formativa, Galicia obtivo este ano a acreditación de 11 novas prazas: 2 de radiofísica hospitalaria (1 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e 1 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo), 1 de enfermería pediátrica (Hospital Universitario Lucus Augusti), 1 de farmacia (Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra), 1 de medicina interna, (CHUS), 1 de inmunoloxía (CHUS), 1 de anatomía patolóxica (CHUP), 1 de oncoloxía médica (Complexo Hospitalario Universitario da Coruña), 1 de dermatoloxía (Chuvi), 1 de psicoloxía clínica (HULA) e 1 de psiquiatría (Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol).

Propostas de mellora

O xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde celebrou que o Ministerio de Sanidade atendese algunhas das propostas das comunidades autónomas para mellorar o sistema de elección da formación sanitaria especialidade e conseguir que non queden prazas vacantes.

Este curso eliminouse o sistema de elección telemática exclusivo que "obrigaba a seleccionar ata 500 prazas" e tamén se eliminou a nota de corte do exame para que todos os aspirantes teñan posibilidade de escoller praza.

Fernández Campa urxiu ao Ministerio de Sanidade a tomar medidas excepcionais para ofertar prazas da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias. A creación desta especialidade foi aprobada en 2023 e, polo momento, a formación non poderá comezar ata 2027. Desta forma, "non poderemos contar con eses especialistas ata 2031".

No mesmo sentido manifestou a necesidade de crear a especialidade de Medicina Xenómica, cuxa creación se aprobou en 2024.

Outra das medidas reclamadas ante o Ministerio de Sanidade é incorporar un rexistro de profesionais de todo o Sistema nacional de saúde que permita a planificación das convocatorias de formación de xeito global. O compromiso da súa posta en marcha foi adquirido polo Ministerio en 2018 e segue sen levarse a cabo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/06/2025
1063142 {"title":"A Xunta incrementa nun 2,9 % a oferta de prazas de formación sanitaria especializada ata acadar o máximo histórico con 676 prazas para o curso 2025-2026","published_date":"2025-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1063142"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-19/1063142-xunta-incrementa-nun-2-9-oferta-prazas-formacion-sanitaria-especializada-ata-acadar-maximo-historico-676-prazas-curso-2025-2026 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.