Medio Rural salienta a calidade dos pementos de Herbón recoñecida dentro e fóra de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Padrón (A Coruña), 18 de xuño de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participou hoxe no pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón, onde puxo en valor este produto tan recoñecido pola súa calidade dentro e fóra do territorio galego. Ademais, destacou que se levarán a cabo accións de promoción e de información ao consumidor para que poidan recoñecer os auténticos pementos de Herbón.
Neste sentido, cómpre salientar que esta DOP acadou no 2024 unha produción de máis de 72.000 quilos de pemento obtidos a través de 24 produtores inscritos e nove envasadores e almacenistas. Ao mesmo tempo, a DOP Pemento de Herbón conta cunha superficie inscrita de 22 hectáreas para a obtención deste produto de calidade.