M. Allegue pon en valor a colaboración co Clúster da Construción, "imprescindible para duplicar o parque público residencial"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor hoxe a colaboración público-privada, "imprescindible para acadar o reto de duplicar o parque público residencial". Allegue mantivo hoxe un encontro co Consello Asesor do Clúster da Construción Galicia Constrúe en Santiago, entidade que preside Diego Vázquez Reino.
Allegue subliñou que a Xunta está a traballar conxuntamente, "coa man tendida a un sector forte e estratéxico como é o da construción". E nese senso, a conselleira destacou o convenio co Clúster da Construción para a elaboración dun plan de acción para o impulso da construción industrializada en Galicia, así como dun plan director da industria da construción, sector declarado estratéxico pola Xunta.